RIBADEO (FNC).- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Ribadeo continuou en novembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías. No mes que remata impartiu un total de 3 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 21 persoas.
Entre os obradoiros impartidos este mes figuran Iniciación á informática (en turno de mañá e de tarde) e Procesador de textos Writer. Tamén destacan outros levados a cabo como Iniciación a internet, Creación dunha conta de correo electrónico ou Saúde en internet, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.
Asemade, 25 persoas inscribíronse como usuarios/as do Telecentro para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que ésta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 564 ocasións. Desde que botou a andar o Centro de Dinamización de Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 1006 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI e a aula tivo un total de 10.682 persoas que fixeron uso dos ordenadores. Neste tempo leváronse a cabo 95 obradoiros nos que se formou a 619 participantes e se empregaron 591 horas na formación.
NOTA de PRENSA
O Centro de Dinamización de Ribadeo supera xa os 1.000 usuarios/as
No mes que rematou a aula aberta foi utilizada en 564 ocasións
Ribadeo, a 1 de decembro de 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Ribadeo. No mes que remata impartiu un total de 3 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 21 persoas.
Os obradoiros impartidos este mes foron “Iniciación á Informática” (un en turno de mañán e outro de tarde) e “Procesador de textos Writer”. Cabe tamén destacar outros levados a cabo como “Iniciación a Internet” “Creación dunha conta de correo electrónico” ou “Saúde en Internet”, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.
Asemade, 25 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 564 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 1006 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI e a aula tivo un total de 10.682 persoas que fixeron uso dos ordenadores. Neste tempo leváronse a cabo 95 obradoiros nos que se formou a 619 participantes e se empregaron 591 horas na formación.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito en rúa/ Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo mariacarmen.ribadeo@dinamiza.fundacioncalidade.org.



















No acto participará tamén David Cortizo, en representación de Editorial Galaxia. A actividade está organizada pola libraría África Copias.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



