Nota de Prensa
O BNG AFIRMA QUE O PP NUNCA QUIXO QUE FOZ TIVERA UN PAC NIN SERVIZO DE URXENCIAS
Basanta acusa a Balseiro de defraudar aos veciños de Foz e require do PP local que se posicione
Foz, 18 de decembro de 2009.- Diante das manifestacións no Parlamento da Directora de Asistencia Sanitaria do SERGAS, Neves Domínguez, o BNG ten que manifestar a súa decepción e a súa disconformidade coas palabras da responsable do PP na Xunta xustificando a negativa de implantar un servizo de urxencias no Centro de Saúde de Foz.
O PP nunca quixo que Foz cóntase con urxencias
Esto ven a ratificar que o PP desde un principio nunca quixo que Foz contase cun servizo de urxencias que mellorara a calidade asistencial do noso concello. Negoullo, por motivacións exclusivamente partidistas, cando deseñou o mapa sanitario da comarca da Mariña, sendo o único centro de poboación importante que quedou sen el. E negoullo novamente nesta lexislatura, non poñendo nin un só euro nos orzamentos recentemente aprobados pola Xunta e, se atendemos ás declaración da Sr. Domínguez, negárallo durante os anos seguintes que goberne o PP a Xunta.
O BNG está convencido que os argumentos que utiliza a directora de asistencia sanitaria non son cribles nin fundamentados. Afirma que Foz ten unha media de 14 minutos ao PAC de Burela pero suponse que ela é consciente de que no caso dunha urxencia os minutos non son de sesenta segundos e que roubarlle un minuto ou segundos ao relóxio significa sacar a un paciente adiante ou non. Ademais, hai que considerar que as Urxencias no Hospital da Costa está colapsado co que se aliviaría moito esta circunstancia. Tamén xustifica a súa negativa porque Foz foi mellorando en servizos na anterior lexislatura sen darse conta que todo o conseguido non foi regalado senón debido á loita encomiable do pobo de Foz en defensa dunha sanidade pública e de calidade, todo o contrario do que pretende o PP, esto é, unha sanidade privatizada, máis cara e de peor calidade. E o que queremos os focegos é seguir mellorando contando cun servizo que é do máis xusto.
Onde está o voto do Sr. Balseiro?
Todo esto significa que o PP xogou coa saúde dos focenses cando, sobre todo a través do seu deputado mariñán o Sr. Balseiro, utilizou o servizo de urxencias como arma electoral e incluso chegou a presentar en varias ocasións iniciativas no Parlamento para demandar dito servizo. Agora non nos queda máis que pensar que o Sr. Balseiro xa conseguiu o que se propuña –apoltronarse nun asento da Mesa do Parlamento e ter chofer propio- e que en realidade todo este tempo estivo enganando os veciños e veciñas de Foz, facéndolles crer que era un problema que lle preocupaba, tanto a el como o seu partido. Pero o tempo pon o quita razóns e aquel animoso deputado converteuse, unha vez chegado ao poder, nun deputado mudo, obediente e calmoso. ¿Non era este mesmo deputado o que lle pedía un voto ao BNG para sacar adiante o servizo de urxencias para Foz? ¿A onde foi agora o seu voto que serviría para implantar o servizo de urxencias tan demandado pola cidadanía?
Que opina o PP de Foz?
Tamén sería bo que o PP local abrise a boca e manifestase que opinión ten deste novo desplante da Xunta con Foz porque hai que recordar que eles apoiaron varias mocións no Pleno da Corporación instando á Xunta a implantar o servizo de urxencias. Sería bo saber con quen están os membros do PP de Foz, se cos veciños de Foz esixindo un servizo sanitario básico como as urxencias ou cos seus dirixentes que nolo negan.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



