NOTA DE PRENSA:
Dos 1.976 matriculados en 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios da nosa comarca, 1.397 beneficiáronse da axuda
7 DE CADA 10 ALUMNOS DA MARIÑA LUCENSE BENEFICIÁRONSE
DO PROGRAMA DE GRATUIDADE SOLIDARIA DOS LIBROS DE TEXTO, E MÁIS DA METADE COA AXUDA COMPLETA
* Fronte aos resultados catastrofistas do novo modelo que prognosticaban PSOE e BNG estamos realmente ante un sistema, o de Gratuidade Solidaria, máis xusto e solidario “porque lle paga os libros a quen máis o necesita”
* Os deputados salientaron que agora a gratuidade “é real” porque os manuais danse en propiedade, mentres que co anterior sistema “os pais tiñamos que acabar pagando outro material didáctico, como eran os cuadernillos incompatibles coa modalidade de préstamo”
Santiago, 15 de decembro de 2009.- Os deputados do PPdeG Emma Álvarez Chao e Jose Manuel Balseiro valoraron hoxe moi positivamente o resultado do Programa de Gratuidade Solidaria dos libros de texto posto en marcha polo Goberno de Núñez Feijóo, no que respecta ás comarcas da Mariña lucense, onde 7 de cada 10 alumnos matriculados (un 70,70%) foron beneficiados.
Segundo os datos feitos públicos no día de hoxe, dos 1.976 alumnos matriculados en 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios da Mariña lucense, 1.397 beneficiáronse da axuda. Máis da metade dos alumnos recibiron da Xunta a axuda completa de 180 euros e o resto recibiru 104 euros, en función do seu nivel de renda e circunstancias persoais. Tamén existen nove alumnos que foron beneficiarios da axuda extraordinaria de 250 euros, reservada para persoas con necesidades educativas especiais.
POR CONCELLOS
Os deputados mariñáns do PPdeG, salientaron desde o Pazo do Hórreo, onde asisten ao debate de orzamentos, que varios dos concellos superaron o 90% de familias beneficiadas, como é o caso de Barreiros (91,7%), Ourol (100%) e O Valadouro (97,1%). En canto ao resto dos municipios da comarca, en Alfoz beneficiáronse o 85,3% das familias; En a Burela, o 79,8%; en Cervo, o 59,1%; en Foz, o 66,4%; en Lourenzá, o 79,6%; en Mondoñedo, o 77,8%; en A Pontenova, o 88,7%; en Ribadeo o 62%; en Trabada o 90%; en O Vicedo, o 82,9%; en Viveiro, o 67,6% e en Xove o 69.2%.
MÁIS VANTAXES
Emma Álvarez e Balseiro Orol explican que estes resultados, deixan en evidencia as teorías catastrofistas sobre os efectos do novo modelo que prognosticaban PSOE e BNG. Pola contra hoxe podemos avaliar un sistema, o de Gratuidade Solidaria, “máis xusto porque lle paga os libros a quen máis o necesita”. A nova Xunta concentrou os seus esforzos nos que menor nivel de renda teñen, e pese a iso, as axudas abranguen a un porcentaxe moi elevado de beneficiarios, como se ten demostrado tras coñecerse os datos definitivos. “Houbo máis axuda para quen máis o necesitaba, pero non se deixou de apoiar a quen o precisaba” concluíron ambos deputados.
A Gratuidade Solidaria ten entre os obxectivos preferentes das súas axudas ás familias con rendas baixas e medias, ás familias monoparentais (separados/as, viuvos/as, divorciados/as…), ou aquelas nas que algún dos seus membros ten algunha discapacidade, ou ás familias numerosas, etc.
Doutra banda os deputados populares salientan que agora realmente “todos os nenos estudian nas mesmas condicións, todos teñen os libros en propiedade para poder usalos”. De feito insisten que o actual modelo de axudas implica unha gratuidade “real” porque os manuais danse en propiedade mentres que co anterior sistema os libros eran prestados aos alumnos durante o curso escolar e ademáis “os pais tiñamos que acabar pagando outro material didáctico, como eran os cadernillos ou fichas, cuxo uso é incompatible co anterior sistema de préstamos”.


















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



