No pasado curso escolar a Xunta de Galicia cambiou o modelo de préstamo de libros no ensino obrigatorio que puxera en vigor a anterior Xunta e que se iniciara xa na Xunta de Fraga. Este mode... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Dos 1.976 matriculados en 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios da nosa comarca, 1.397 beneficiáronse da axuda 7 DE CADA 10 ALUMNOS DA MARIÑA LUCENSE BENEFICIÁRO... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMPP afirma que as axudas de corenta euros de Nieves Cando non teñen convocatoria oficial. Os populares afirman que tampouco hai a día de hoxe partida presupostaria. Asegura... Ler máis
CERVO .- A concellería de Educación do Concello de Cervo informa que hoxe ábrese o prazo para formalizar as solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar d... Ler máis
NOTA DE PRENSA: “Na Mariña hai nenos que a esta altura do curso están sen libros de texto” “As familias mais desfavorecidas vense obrigadas a fotocopiar os libros de compañeiros para dispoñe... Ler máis
NOTA DE PRENSA Os mileuristas terán que pagar os libros de texto con Feijoo con Núñez Feijoo -Unha parella na que cada un gañe 578 euros brutos ó mes e cun fillo, ten que pagar os libros. “X... Ler máis
O escritor e poeta mariñano Paco Rivas fixo unha donación da súa obra á biblioteca municipal de Burela. Segundo explicou o alcalde, Alfredo Llano, “o propósito é darse un pouco a coñecer e t... Ler máis


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



