NOTA DE PRENSA
Os mileuristas terán que pagar os libros de texto con Feijoo
con Núñez Feijoo
-Unha parella na que cada un gañe 578 euros brutos ó mes e cun fillo, ten que pagar os libros. “Xa non falamos de mileuristas, senón dunha parella na que cada un gaña a metade dun mileurista. Eses son ricos para Núñez Feijoo”, denunciou Gómez Besteiro.
– A Agrupación Local do PSdG-PSOE inicia a campaña informativa “A gratuidade dos libros de texto é un dereito, deféndeo”
O Secretario Xeral da Agrupación Local do PSdG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este luns que “é falso que as familias con rendas baixas percibirán axudas, xa que os mileuristas terán que pagar os libros de texto con Núñez Feijoo”. Para avalar esta afirmación puxo exemplos coa normativa na man: “Unha parella na que cada un gañe 578 euros brutos ó mes e cun fillo, ten que pagar os libros. É dicir xa non falamos de mileuristas, senón dunha parella na que cada un gaña a metade dun mileurista; eses son ricos para Núñez Feijoo e deben pagar os libros dos seus fillos”. No caso dunha parella de traballadores cun salario de 771 euros brutos ó mes cada un e con 2 fillos tampouco ten dereito á axuda dos 180 euros. “Polo tanto, para o PP o 70% dos galegos e dos lucenses son ricos, son netos de Manuel Jove”, afirmou.
Esta situación de recortes sociais aínda é máis denunciable se temos en conta que, segundo o Ministerio de Facenda, o 70% dos galegos cobra menos de 1.100 euros brutos ó mes, converténdonos na 3ª comunidade con máis mileuristas.
Este curso “pasamos da volta ó cole máis barata á volta ó cole máis cara”, xa que tres cuartas partes dos escolares galegos xa perderon os libros gratuítos. Besteiro ofreceu estes datos nunha rolda de prensa sobre o actual curso escolar que ofreceu este luns xunto co responsable de educación da Executiva da Agrupación Local, Carlos Ferreiro. José Ramón Gómez Besteiro lembrou que “co anterior goberno autonómico o 100% dos escolares tiña este dereito, avalado tamén pola maioría das Comunidades Autónomas de España. Co modelo do PP o 78% dos escolares galegos perdérono. Estamos diante dunha subida de impostos en toda regra. É o peor goberno da democracia no arranque do curso escolar”, dixo.
“O Partido Popular, con Núñez Feijóo á cabeza, presume de que recorta os luxos. Poden estar ben orgullosos, converteron o libro de texto e a educación nun luxo”. A Agrupación Local denunciou que a actual Xunta si ten cartos para a campaña de publicidade que correron a facer para tratar de frear as revoltas nas aulas”.
Para Gómez Besteiro “un bo xestor ten que saber priorizar. A suposta austeridade da que tanto presume Núñez Feijóo non pode ser igual a pasarlle a factura ós veciños”.
Campaña informativa
Gómez Besteiro e Ferreiro anunciaron que a agrupación local do PsdG-PSOE inicia unha campaña informativa baixo o título: “A gratuidade dos libros de texto é un dereito, deféndeo” para denunciar o desmantelamento dos servizos públicos, neste caso da ensinanza, por parte de Núñez-Feijóo e reivindicar que se manteña a gratuidade total dos libros de texto que puxo en marcha o goberno autonómico anterior.
As actividades previstas inclúen unha cascada de reunións destinadas ós militantes e cargos relacionados co mundo educativo, que tamén se convocarán en 31 agrupacións comarcais de Galicia. A campaña continuará nas vindeiras semanas coa convocatoria de charlas informativas dirixidas ós representantes das Asociacións de nais e pais (Anpas), colectivos sociais, corpos docentes, tecido asociativo, etc.
Para Gómez Besteiro queda claro que “o Presidente da Xunta converteu a educación en “mala” educación, e que nin el nin o Conselleiro de Educación teñen fillos”.
Situación en Lugo
Pola súa banda, Carlos Ferreiro lembrou que “os libros eran gratuítos para os centros, non para as familias, como o son as sillas ou as mesas dun colexio; é igual que non se lles cobra os pequenos polo aluguer de mobiliario”. Puxo como exemplo Finandia, tantas veces louvado polo Partido Popular, xa que “neste país nórdico non só son de balde os libros de texto, senón todo o material escolar”. Ademais, subliñou que “o umbral establecido para ter dereito ós libros gratuítos é máis alto en Galicia que na comunidade de Madrid con Esperanza Aguirre”.
O responsable de educación da executiva da Agrupación Local do PSdG criticou a política lingüística da actual Xunta de Galicia, a reducción de profesorado para nenos de educación especial ou nas Escolas de Idiomas. “Hoxe as coidadoras do centros educativos da provincia de Lugo non teñen dereito a comer nos comedores mentres coidan ós pequenos. Que ninguén pense que estas ordes son os últimos recurtes do Partido Popular”, apuntou.
Por últmo, dixo que “en Lugo os libreiros non están contentos porque as grandes áreas comerciais xa ofrecían hai meses descontos nos libros porque estaban extrañamente informadas”.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



