Nota de Prensa
O BNG PÍDELLE AO PP MENOS ANUNCIOS E MAIS TRIGO
Os nacionalistas cren fundamental a creación dun Centro De Día mais dubidan da súa posta en marcha nesta lexislatura.
De momento o único que hai e un anteproxecto sen fondos para a súa execución nin modelo de funcionamento.
Durante catro anos o goberno local freou a posta en marcha deste servizo en Cervo ao esixir un Centro de Día por parroquia.
Cervo, 19 de xaneiro de 2010. O BNG saíu ao paso das declaracións do alcalde de Cervo nas que en compaña da Conselleira de Benestar anunciou a construción dun Centro de Dia e Residencia en San Cibrao. Para o BNG a creación deste equipamento en Cervo e moi positiva xa que dende fai tempo e unha necesidade vital para o concello, o lamentábel e que se pretenda converter nunha realidade o que hoxe aínda e un anteproxecto susceptíbel de modificacións, sen fondos para a súa execución e sen aclarar como se vai financiar o seu funcionamento.
O PP de Cervo perdeu catro anos con esixencias imposíbeis que agora pasan á historia
O portavoz municipal do BNG, Xoán Estúa, manifestou a necesidade dun equipamento social que atenda as necesidades dos e das maiores cervenses que precisan de atención especializada e de calidade cun servizo de carácter público, neste sentido considerou boa noticia que agora o goberno local admita esta necesidade que negou nos últimos catro anos ao non querer admitir o modelo de xestión impulsado polo anterior goberno galego medíante o Consorcio de Igualdade e Benestar ao que o PP nunca se quixo adherir, castigando con elo á cidadanía cervense sen un servizo necesario e imprescindíbel. O PP dedicouse durante catro anos a poñer atrancos ao anterior goberno con condicionantes tales como a esixencia de construción dun Centro de Día en cada Parroquia do concello, lembrou Estúa.
De momento o único que hai e un anteproxecto sen prazos de execución nin fondos para financialo
O BNG aclarou que a Conselleira e o Alcalde “o único que teñen a día de hoxe e un anteproxecto financiado con cargo ao Plan Concertado e aínda obxecto de revisión que nin está aprobado, nin conta con financiamento para a súa execución e moito menos se sabe cal vai ser o modelo de xestión e por tanto que administración se vai facer cargo da súa dotación de equipamentos e persoal.” O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, lembrou que de momento a Consellaría de Benestar só financiou a redacción do anteproxecto cun investimento de 58.000 euros medíante un convenio con cargo ao Plan Concertado, “un sistema curioso para este tipo de investimentos xa que o Plan Concertado financia servizos e non equipamentos como e o caso de Cervo”
As persoas maiores de Cervo non queren maquetas de xoguete senón realidades
“Estúa pediu ao Alcalde que antes de expoñer publicamente edificios de xoguete que diga cando e con cargo a que partidas se vai financiar a execución das obras xa que nos orzamentos 2010 da Consellaría de Benestar non figura ningunha partida especifica para este fin”, desta maneira pediulle ao alcalde moderación nos arrebatos propagandísticos, “recomendándolle a Villares que dedique os seu tempo e esforzos á execución da obra e non a exposición de maquetas para autobombo e propaganda”
Os nacionalistas queren un modelo de xestión pública e non admiten atallos privatizadores
Moitas mais dúbidas ten o BNG en canto ao modelo de financiamento do persoal que deberá atender un equipamento de estas características, “si xa o sistema escollido para financiar a redacción do anteproxecto e cando menos estraño, ou que a propia Conselleira aínda non sabe como se vai financiar a súa construción, moitas mais dúbidas temos a respecto do modelo de xestión e como vai ser financiado o persoal para o seu funcionamento”, afirmou Estúa. O portavoz nacionalista advertiu que “non serven atallos privatizadores”, lembrando que o pouco que fixo o PP en materia social no anterior goberno de Fraga, foi usar fondos públicos para construír equipamentos sociais que despois foron privatizados. Neste sentido agarda que se aclare o modelo de xestión e como se vai financiar o seu mantemento.















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



