CERVO .- Os traballadores encargados en levar adiante o programa “Ao Teu Carón” 2010, promovido dende a concellería de Asuntos Sociais do Concello de Cervo que dirixe Pilar Armada, teñen previsto realizar unha serie de xuntanzas o vindeiro luns, 11 de xaneiro nos distintos núcleos de poboación do termo municipal co obxecto de coordinar os horarios de dito programa e tamén recabar as inquedanzas e suxestións que queiran facer os veciños interesados nesta iniciativa.
O Concello de Cervo, iniciou no ano 2008 o programa “Ao Teu Carón” co ánimo de achegar os servizos aos seus veciños e dotar de actividades lúdico-formativas a todos os seus habitantes, facendo fincapé na zona rural. Neste tempo lévanse desenvolvido obradoiros, torneos de parchís e tute; así coma outras iniciativas coma o servizo de biblioteca itinerante na zona rural.
Segundo indicou Pilar Armada, nas xuntanzas do luns aproveitarase para concretar cales poden ser os horarios máis axeitados para desenvolver os campionatos de tute e parchís deste ano, así como as datas da celebración dos talleres de memoria nas respectivas parroquias. “Tamén queremos que a xente que asista aporte ideas e nos diga que tipo de actividades lles interesa a maiores destas para ver de poder programalas” sinalou a edil de Asuntos Sociais cervense.
Os horarios e lugares das devanditas reunións serán:
* 16,00 horas: Local Social da Venta
* 16,30 horas: Local Social de Castelo
* 17,00 horas: Local Social de Trasbar
* 17.30 horas: Local Social de San Román
* 18,00 horas. Local Social de Rúa
* 18,30 horas: Local Social de Cervo (Ecomuseo)
* 19,00 horas: Casa da Cultura de San Cibrao




















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.