NOTA DE PRENSA:
O PP di que a suba de impostos de Zapatero mermará a pensión de boa parte dos 78.475 lucenses que están xubilados
* A decisión do Goberno central de suprimir a dedución dos 400 euros implica un aumento da retención fiscal do imposto da renda, que reduce o salario que reciben miles de traballadores e pensionistas
* A pensión media en Lugo é a segunda máis baixa de todo o Estado e a de viudez a primeira pola cola
Lugo, a 4 de febreiro de 2010.- Boa parte dos preto de 80.000 xubilados existentes na provincia de Lugo, segundo os datos do INSS; veñen de comprobar con certa estupefacción como a súa pensión experimentou o pasado mes de xaneiro unha reducción como consecuencia da subida de impostos posta en marcha polo Goberno que lidera Jose Luis Rodríguez Zapatero e eso pese a que, previamente e mediante carta, lle anunciaran un incremento mínimo do un por cento.
Boa parte destes xubilados, que na nosa provincia supoñen o 22 por cento da poboación, vense perxudicados pola suba de impostos impulsada polos socialistas. Lugo sofre con especial intensidade este recorte nas pensións, dado que segue a ser a segunda provincia (só superada por Ourense) coa pensión media máis baixa de España, ó igual que as de viudez (páganse 29.946 prestacións deste tipo), aínda que neste caso son as primeira pola cola do conxunto do Estado.
“Lugo, unha vez máis e por outra cousa máis, ten que pagar as consecuencias da nefasta xestión económica dos socialistas”, indicou hoxe o Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro.
Pero os xubilados, segundo puntualizou, non son os únicos perxudicados pola máis importante suba de impostos da historia de España, tamén moitos traballadores xa comprobaron o efecto do incremento da porcentaxe de retención na súa nómina polo IRPF, polo que tamén verán mermado o seu poder adquisitivo.
A decisión do Goberno socialista central de suprimir a deducción dos 400 euros, a que fora promesa estrela do PSOE nas pasadas eleccións xerais, provoca o incremento da retención fiscal do imposto sobre a renda (IRPF), o que a efectos prácticas supón un recorte do salario que reciben miles de traballadores e pensionistas cada mes, segundo explicou Barreiro.
Na opinión do líder popular “os feitos contradicen a doctrina da que alardean os socialistas. As accións poñen de manifesto que non é certo que o PSOE sea o abandeirado das políticas sociais xa que, como todos poderán comprobar nos extractos bancarios, o Goberno de Zapatero castiga ós máis débiles: fai que os pensionistas e os asariados sexan os que máis sofren os erros da súa xestión económica. Ademais de ver reducidas as súas percepcións, mes a mes, e con elo a súa capacidade adquisitiva, en breve haberá que engadirlle un novo prexuizo, o que provocará a suba do IVE (que aumentará un dous por cento a comenzos do vindeiro verán) e que repercutirá en calquera compra que se realice”.
“Non hai moitos días chamábamos a atención sobre o perxuizo que para a nosa provincia suporá a reducción, en comparanza co 2009, de 12 millóns de euros polas transferencias do Estado ás entidades locais; tamén sobre a demora no pago ós concellos dos fondos FEIL e a repercusión que tamén para os concellos terá o incremento do IVE; a evolución do desemprego é xa de sobra coñecida… Pasan os meses é todas a noticias en materia económica son negativas e os socialistas, lonxe de aportar solucións, cada día agravana máis con decisións e contradecisións que poñen de manifesto a súa improvisación e a falla de criterio e de capacidade para reconducir unha situación que xa pode calificarse de insostible”, engadiu.


















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



