Nota de Prensa
Os populares consideran que os presupostos municipais para 2010 “están inflados”.
Para o PP, “o bipartito conta duplicar o que recauda polos vados, o que é imposible”.
O PP afirma que os presupostos municipais recollen 525.000’00€ “sen suporte documental”.
O PP de Burela asegurou hoxe que os presupostos municipais para o presente ano que o alcalde e o bipartito levarán ó pleno do vindeiro xoves están inflados en €. Eso quere decir que o concello gastará seis millóns cen mil euros, cando en realidade recaudará euros. Para o GMPP, esto demostra hasta onde chegan o alcalde e a alcaldesa derrochando. Cando nunha casa entran cen, só se pode gastar cen. Pero o bipartito tira do teto dos cartos públicos con moita alegría.
O GMPP afirma que os presupostos de ingresos fanse sobre o que se tén comprometido cobrar do ano anterior. Eso non se cumple nos presupostos de Burela para 2010. Os distintos ingresos que están inflados son os seguintes:
| CONCEPTO | COMPROMETIDO 2009 | PRESUPOSTADO 2010 | DIFERENCIA |
| Imposto sobre construccións | 67.875’93€ | 100.000’00 | 32.124’07 |
| Asistencia a domicilio | 15.004’84€ | 21.000’00€ | 5.996’00€ |
| Licencias urbanísticas | 26.920’37€ | 70.000’00€ | 43.079’63€ |
| Tasa licencia apertura | 7.377’90€ | 15.000’00€ | 7.622’10€ |
| Taxa de vados | 42.444’67€ | 80.000’00€ | 37.555’33€ |
| Taxa de entradas a museos e actos casa da cultura | 4.901’00€ | 24.000’00€ | 19.099’00€ |
| TOTAL | 145.476’13€ |
A esto hai que sumar 85.000’00€ que o bipartito consigna de máis na participación dos tributos do Estado: Burela recibirá 1.335.000’00€, pero eles presupostan 1.420.000’00€.
En definitiva, temos 230.476’13€, que é mui difícil que cheguen a ingresarse ó longo do ano. Prácticamente trinta e oito millóns e medio das antigas pesetas, o que equivale ó 3’75% do presuposto.
Os populares aseguran que é imposible que se multiplique por dous o que se cobra polos vados, como é imposible que aumente a metade o imposto sobre construccións.
Por outra banda, os presupostos inclúen subvencións que non están confirmadas documentalmente por un importe de 341.077’85€. E por riba, inclúen tamén nos presupostos a aportación social do plan E do presente ano, 184.000’00€, que tampouco está confirmada. Desde o PP agardan que sexan ainda máis as subvencións que se reciban, pero a práctica administrativa aconsella incorporar ós presupostos as subvencións cando estas se reciben, e non antes, se non están comprometidas documentalmente. Ou sexa, un total de 525.077’85€ en concepto de subvencións que en ningún caso teñen suporte documental.
En definitiva, un total de 755.553’98€ aparecen nos presupostos de ingresos e non están para nada comprometidos. Nada máis e nada menos ca algo máis do doce por cento do total do presuposto.
Segundo o GMPP, esto só conducirá a agravar ainda máis a situación económica do concello. Non chega con poñer no papel que se vai ingresar moito; o importante é que os cartos entres realmente no concello, para poder gastar. O bipartito burelés gasta, e como os cartos non chegan e en 2010 tampouco chegarán, haberá retrasos á hora de pagar as facturas.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



