Cada vez hai máis xente que fala soa pola rúa. Que se te fixas é moi rechamante. Estaba esperando á miña compañeira na porta dunha tenda, e estiven fixándome, quizabes, eu non os contei, pero a metade da xente ía movendo a boca, como si falara, claro que tamén podería cantar. En fronte, na mesma rúa estaba un banco e ó saír a xente, algunha, con moi mala faciana como si aquelo fora o patíbulo do drama para os que se rin con sorna de brotes verdes. Pequenos exasperados que senten na noz a apertura dunha soga de números vermellos. Camiñan polo asfalto como idos. Buscando solucións imposibles, como si falaran coas súas pantasmas e calan e agachan a cabeza cando na súa casa as frases empezan por “como”.
En paralelo, cóntanme o programa da reunión de traballo dun organismo público galego. Hospedan os asistentes nun cinco estrelas deses nos que entran na habitación para abrirche a cama. Logo da dura sesión, cea nun restaurante con estrela Michelín e, ao día seguinte, outra homenaxe gastronómica sen menú do día. A groso modo, o medio día en Santiago sae a uns 400 por barba. Paga a visa dos galegos.
Xuro que fuxo da demagoxia. Non son dos que di que a crise soluciónase con menos coches oficiais ou dos que se deixan enganar con xestos toureiros de conxelación salarial de busca votos. Máis aínda, non direi, aínda que o pense, que, para facer o que se fai, necesítanse menos mans pagadas co diñeiro do apartado de retencións , xa que se sumo desempregados e funcionarios non me saen as contas do emprego. Nin sequera apelo á sensiblería da cola do paro, non , non é o meu estilo.
Pero non podo conterme. Busco con toda a moderación que me sae de dentro o lugar adecuado para colocar neste artigo palabras como bochorno, malgasto, vergoña… Algo parecido a ese ruborizo que sentes cando sacas os cartos para pagar a cazadora de marca nas rebaixas e hai un “tirado” na porta da tenda coa man aberta. É inxusto.
Existe unha clara diferencias é que non disparo con pólvora allea. Eu gasto do meu. Eles non.
Alfonso Otero Regal





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



