RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, convocará nos vindeiros días un encontro co sector hostaleiro para falar dos horarios de peche dos pubs e dos límites que non debe rebasar o volume da música. O rexedor así llo fixo saber esta mañá ao subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe, na reunión que mantivo a Xunta Local de Seguridade. Un encontro no que tamén se falou do tráfico na praia de As Catedrais.
Suárez Barcia explicou que “analizamos as consideracións a ter novamente co asunto do tráfico nas Catedrais para que non haxa problemas. O ano foi bastante bó e ademáis se están a facer xestións importantes desde a Delegación do Goberno, desde Costas e desde a Deputación Provincial de Lugo e o Concello. Agardemos que dentro de pouco lle podamos dar unha solución definitiva a esa aglomeración de tráfico sobre todo durante a época estival, pero de momento temos que traballar co que hai”.
O rexedor comunicóulle ao subdelegado “a situación que temos en Ribadeo, e que él realmente xa coñece, co ruido nocturno. Díxenlle que eu non tiña outra vontade que aprobar unha ordenanza que inicialmente non tiña cuestionamento nin rexeitamento social, pero que foi desestimada polo pleno o luns. Pero logo a realidade é teimuda e temos unha serie de problemas, uns que temos desde hai moito tempo, como a sentencia que nos condea a pagar unha cantidade mensual a un particular ata que esto non se resolva. E tamén lle presentei un dos escritos varios que recibo habitualmente, de xente que vive no casco vello e que de maneira expresa me fai chegar a súa preocupación por ver como en horas intempestivas pola mañá entre as 7 e as 10 hai discusións na rúa, hai música nalgúns establecementos e apelan á miña responsabilidade como alcalde para que faga cumprir a lei de cara a que todo o mundo poida traballar e o resto dos que non traballan poidan vivir”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “a xulgar polo que polos medios me entero de que parte do sector quere que as forzas da orde actúen, entón o que lle pedín ao subdelegado é maior colaboración e supoño que non haberá problema. E o que eu vou facer é convocar unha xuntanza co sector nos vindeiros días para dialogar co ánimo de que estes establecementos cumpran cos horarios de peche e cos límites dos ruidos ou senón terán enfrente á Policía Local e á Garda Civil, porque insisto o Concello está condeado desde hai tempo e de seguir así estes escritos que lle chegan ao alcalde poden acabar dexenerando en que o Concello sexa condeado novamente nunha magnitude impensable e eu como alcalde teño a responsabilidade de evitar que eso ocorra”.
Fernando Suárez suliñou que “recollo o guante e convocarei aos representantes deste sector para tentar dialogar os horarios de peche, os límites da música e desde logo o que é intolerable e que non pode haber nin ás seis, nin ás sete, nin ás oito, nin ás nove, nin ás dez da mañá locais con música, eso non pode ser”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



