RIBADEO (FNC) .- Rompen dun disparo o cristal do ascensor panorámico da Atalaia. O alcalde pide colaboración veciñal para dar co autor ou autores dos feitos. A Garda Civil estáse a encargar da investigación.
Fernando Suárez dixo que “debo comunicar á opinión pública unha circunstancia que nun primeiro momento se pode tomar un pouco a risa ou como unha anécdota, aínda que eu creo que pasa do que pode ser unha simple broma. Na tarde de onte souben que ese mesmo día ou o anterior algún desaprensivo, algún vándalo, algún inconsciente efectuou un disparo de bala contra o cristal do ascensor panorámico da Atalaia”. O rexedor explicou que “non foi ningún perdigón, ningún balín, senón que é unha bala, dado que fixo un furado no cristal duns 8 milímetros e estragouno totalmente. A obra non está rematada, non foi polo tanto entregada ao Concello, pero si antes de ser inaugurada xa temos este tipo de actos vandálicos non quero supoñer si a xente desalmada segue nesta idea no que se pode converter esa zona”.
Suárez Barcia asegurou que “estiven en contacto coa Garda Civil que está a instruír as dilixencias e a facer as pescudas oportunas para tentar localizar ao autor destes disparos, que si o que pretenden é protagonismo seguro que o teñen, pero que se andan con moito ollo porque entendo que as forzas de seguridade investigarán a fondo de onde saíu a bala, onde está rexistrada a arma e desde logo paréceme incrible que alguén no seu sano guizo poida facer esto”. O alcalde de Ribadeo agarda que “sexa unha anécdota que debemos sumar a estes actos vandálicos aos que xa nos teñen afeitos de noite, cando parten algunha árbore, algún banco, algún letreiro e agora a esta lista súmase que alguén lle dispare cunha pistola ao ascensor da Atalaia. Quero que si algunha persoa viu algo o comunique ou ben á Policía Local ou ben á Garda Civil de Ribadeo”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



