O martes día 16 de marzo, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal, o escritor Francisco Narla compartirá co Clube de Lectura de Burela a súa novela Los lobos del centeno. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Neves Cando, “neste libro, Narla utiliza meigas, lobishomes, males de ollo ou a Santa Compaña para situar a trama entre o terror e o suspense. A novela está ambientada nun val da Galicia interior no primeiro cuarto do século XX e está protagonizada por un muiñeiro dunha vila pequena que está amenazada por un mal”.
O escritor Francisco Narla estará o martes no Club de Lectura de Burela
O escritor Francisco Narla estará o martes no Club de Lectura de Burela
Relacionado
-
Concerto benéfico da Coral Polifónica de Ribadeo
-
Extinguido o incendio forestal da Fonsagrada-San Pedro de Río
-
A charanga Bicoia, chegada de terras ourensáns, encheu de ritmo as rúas da vila nun novo Domingueo en Ribadeo, organizado por Acisa dentro do programa ‘O noso comercio é vida, vive Ribadeo’, que se desenvolve ata o 31 de agosto