Nota de prensa:
GOBERNO LOCAL PREFIRE SEGUIR AS DIRECTRICES DO PARTIDO QUE DEFENDER OS INTERESES MUNICIPAIS DIANTE DAS AFECTACIÓNS DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL
Ao portavoz do grupo de goberno José Manuel Balseiro faltáronlle argumentos que supliu cunha mala educación indigna dun representante público
O PP trouxo ao pleno unha iniciativa de apoio a un acordo que xa foi aprobado por unanimidade no Congreso dos Deputados en febreiro
Cervo, 26 de marzo de 2010. O BNG cualficou de lamentábel a actitude do portavoz do grupo de goberno, José Manuel Balseiro, no pleno de celebrado na tarde de onte, os nacionalistas cualificaron penosa a actitude dun señor que suple a falla de argumentos con descualificacións persoais de moi mala educación e impropias dun cargo público que está sentado na Mesa da Cámara Galega. Os nacionalistas non entenden que o PP use os plenos de Cervo como correa de transmisión de asuntos que teñen como única intención o apoio ao partido, neste sentido foi ridículo ver como o Sr. Balseiro defendía o apoio da corporación para que autónomos e PEMES non tributen IVE das facturas non cobradas cando esta iniciativa xa foi aprobada por unanimidade o pasado mes de febreiro no Congreso dos Deputados.
Coa excepción do PP todos os grupos entenden que o POL e un documento cheo de erros e alleo á realidade dos asentamentos costeiros galegos.
Para o BNG xa e evidente que o goberno municipal de Cervo prefire atender ás directrices que lles marca o partido que defender os intereses municipais, “neste sentido o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, lembrou que o goberno local primeiro negouse a constituír unha comisión municipal para estudo e valoración do POL, non foi quen de convocar á empresa redactora do PXOM para que explicase a incidencia do POL no documento, non quixo explicar ao veciños as afectacións do POL e agora da por boas as directrices emanadas deste documento a pesar das graves consecuencias que terá para o desenvolvemento urbanístico de moitos núcleos do concello.”
Para Estúa “os membros do goberno local prefiren gardar as súas poltronas que defender como e a súa obriga os intereses municipais”, neste sentido enmarcou a actitude dos representantes populares que “fai menos dun ano distribuían panfletos incendiarios criticando unha normativa provisional que afectaba aos 500 mts de costa e agora que por riba desa franxa o POL con carácter definitivo afecta en Cervo a 586has. miran cara outro lado”
Para o BNG a Consellaría de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, non demostra ter moito interese en atender as suxerencias que os concellos deberán emitir a principios do mes de maio cando a mediados do mesmo mes xa ten previsto aprobar inicialmente o documento.
A falla de iniciativa do goberno súplea o Sr. Balseiro con mocións tipo, aínda que estean superadas pola realidade
O BNG lamentou que o pleno de Cervo siga sendo utilizado como caixa de resonancia do Partido Popular no canto dun foro onde se discuten os asuntos municipais. Como exemplo Estúa manifestou a súa estupefacción ao ver como o portavoz municipal do grupo de goberno, José Manuel Balseiro, pedía o apoio da corporación para que autónomos e PEMES non tributen o IVE das facturas non cobradas, cando esta proposta xa foi aprobada no Congreso dos Deputados por unanimidade no pasado mes de febreiro. “O nacionalista cualificou de bochornoso o espectáculo ofrecido onte por Balseiro que acudiu á descualificación persoal diante da falla de argumentos nunha actitude impropia dun representante público que ademais e membro da Mesa do Parlamento Galega”




















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



