NOTA DE PRENSA
Os populares aseguran que Nieves Cando gastou cincuenta e cinco millóns de pesetas en gastos diversos en 2009 e González Legaspi, máis modesto, só sete millóns.
Para o PP, “o alcalde é o culpable de todo este despilfarro”.
O PP asegura que o bipartito non é quen para dar leccións a ninguén.
O PP de Burela afirmou a través dunha nota de prensa que Nieves Cando gastou durante o ano 2009 un total de cincuenta e cinco millóns de pesetas dentro do capítulo de gastos diversos entre as diversas delegacións que dirixe, exactamente 330.739’92€. Os populares exclúen desta cantidade determinadas actividades que estaban incluidas con nome e apelidos nos presupostos de 2009.
Estes datos están sacados do estado de execución do presuposto municipal de 2009 a trinta e un de Decembro e fixéronse públicos durante o pleno do xoves da pasada semana, no que se debatiron os presupostos do concello.
Solo na Delegación de Cultura, Nieves Cando iniciou o ano 2009 con once millóns seiscentas cincuenta mil pesetas para gastos diversos, pero gastou casi o triple, exactamente trinta e un millóns setecentas cincuenta mil pesetas. Pero ainda tén pendientes de pago facturas de gastos diversos de cultura por un importe de dezanove millóns cento cincuenta mil pesetas. Tampouco se pagaron a día de hoxe as axudas dos corenta euros, e xa hai seis meses que Cando anunciou tales axudas. Dentro dos presupostos de 2010, non consta ningunha partida destinada ás axudas dos corenta euros.
Segundo os populares, Nieves Cando gastou máis ela sola có resto de concelleiros dentro do capítulo de gastos diversos. Entre todos, gastaron em 2009 a friolera de noventa e dous millóns de pesetas, dos que quedan por pagar corenta e sete millóns setecentas cincuentas mil pesetas.
Máis modesto é o seu compañeiro de partido, José González Legazpi. Sen ir a máis certámenes turísticos das que ía o Goberno Municipal do PP, este señor, que leva a Delegación de Turismo, ainda con esa modestia, gastou seis millóns novecentas trinta mil pesetas en 2010 en gastos diversos de turismo, mui lonxe dos dous millóns e medio que tiña previstos a principios de ano. Por certo, ainda non pagou facturas por un importe de tres millóns duascentas sesenta e tres mil pesetas.
Para os populares, hai un culpable de todo este despilfarro, que é o alcalde, que é quen tén que poñer orden en toda esta desfeita. En viaxes non gastan moito, pero en propaganda, autobombo e gasto improductivo gastan o que faiga falla.
O GMPP entende que o bipartito non é quen para dar leccións a ninguén de nada, porque os datos son tozudos, e reflexan que en 2009, cunha crise galopante xenerada polo goberno de Zapatero co apoio do BNG a través do seu voto favorable ós presupostos do Estado, estes señores usaron os cartos de todos para mercadeo de votos. O GMPP entende que o bipartito está completamente desnortado, como o demostran as continuas descalificacións que nos fan, cada vez que desde o PP emitimos algunha crítica. Ainda non se deron conta de quenes gobernan, de momento, son eles, e o que se está xulgando é precisamente a súa labor, e non a nosa.
Finalmente, aseguran que os datos do que se gastou o ano 2009 en gastos diversos demostra que se usan os cartos de todos con fins partidistas, e que está claro que o Bloque está no bipartito para sacar rédito electoral. En definitiva, Burela sale perdendo por goleada co bipartito.
















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



