Os días 22, 23 e 24 de marzo terán lugar as últimas sesións dos cursiños de condución eficiente en Ribadeo. Estes cursos, de dúas horas de duración, son totalmente gratuítos e contemplan unha demostración práctica de cómo aforrar entre un 15 e un 30% de combustible, así como consellos para conservar máis tempo o motor, os freos e os neumáticos, incrementado o confort e a seguridade na condución. Os interesados en reservar praza para participar nestes cursos poden apuntarse na Axencia de Sostibilidade do Concello de Ribadeo, chamando ao teléfono 982 120 701 ou no seguinte enderezo de correo electrónico: sostibilidade@ribadeo.org
Última oportunidade para participar nos cursos de condución eficiente en Ribadeo
Última oportunidade para participar nos cursos de condución eficiente en Ribadeo
Relacionado
-
Unha persoa resultou ferida no incendio dun alpendre na Pastoriza
-
Ribadeo celebrou este sábado a festividade do seu co patrón, San Roque. Pola mañá saíron os Cocos, houbo misa, procesión, concerto da Banda Municipal de Música e sesión vermú
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, asistiu este sábado ao acto de lembranza e homenaxe a Dino Pacio Lindín (Xemil, Pastoriza, 1934-Nova Iorq, 2025), que se celebrou na Casa da Cultura de Pastoriza