RIBADEO (FNC ) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, envía unha vintena de notificación aos propietarios de solares e fincas que se atopan en estado de abandono para que procedan á súa limpeza. De non facelo o Concello recorrerá á execución subsidiaria e despois pasaralles o cargo aos donos en cuestión.
Suárez Barcia explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos a mandar unha serie de notificacións, requirimentos, sobre limpeza de fincas, solares e hortos que se atopan en situación de abandono. A día de hoxe xa levamos máis dunha vintena e nos vindeiros días se irán intensificando”. O rexedor sinalou que “estamos a ver que unha parte importante dos propietarios están empezando a ser máis consecuentes, están empezando a facernos caso, están rozando as súas fincas e agora moitos veciños exercen tamén, por dicilo dalgún xeito, de policías porque nos están a advertir alcalde está moi ben que se rozara eso, pero lembra que tamén en tal sitio ou en tal outro hai parcelas que están a bravo e que supoñen un risco de salubridade enorme. Estamos facendo caso a esas propostas e estamos mandando aos técnicos municipais para que avalíen cantas desas parcelas se atopan nesa situación”.
O alcalde ribadense contou que “hai fincas que salta á vista que están mal adecentadas, eso ás veces se convirte en falla de seguridade pública polo risco de incendio potencial cando chegue a época estival ou outras que teñen falla de salubridade importante xa que pode haber alimañas, ratos… sobre todo aquelas que están no ámbito urbano e tamén en núcleos rurais. Quero dicirlles aos veciños e ás veciñas de Ribadeo que as propiedades a parte de teren dereitos teñen tamén obrigas que todo o mundo debe cumprir. De non ser así, é dicir si os propietarios fan caso omiso a estas notificacións, o Concello poderá incoar unha serie de expedientes para multas coercitivas e chegará á execución subsidiaria facéndoo o Concello pola súa propia conta e despois pasaralle o cargo ao propietario en cuestión”.
Fernando Suárez asegurou que “non queremos chegar a esa situación, queremos que todo o mundo se responsabilice das súas propiedades e confío en que a xente sexa razoable, tal e como o están a facer xa moitos que chaman para preguntar como poden facelo e os pasos a seguir”.
Nas notificacións enviadas estes días desde a alcaldía lémbrase que “é obriga dos propietarios de terreos e construción mantelos mesmos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino e de acordo coas normas de protección do medio ambiente, do patrimonio histórico e da rehabilitación”.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



