LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e Alcaldes da provincia asinaron este luns o convenio que permite a 57 municipios lugueses xestionar directamente a roza das estradas provinciais. Gómez Besteiro salientou que esta iniciativa, instaurada pola actual equipo de Goberno, “permite aforrar cartos ós municipios, e garante un servizo máis rápido e eficaz”.
Trátase dunha actuación que se enmarca dentro da aposta máxima cos Concellos do organismo provincial, e que está a dar moi bos resultados. En 2008 foron 21 os municipios que se sumaron á iniciativa, en 2009 47 e, e este ano, preto de 60. Esta medida permite ós Concellos concertar estes traballos, se o precisan, con empresas locais. En total, os 57 Concellos nos que se aplica o convenio suman 3.498 quilómetros de vías provinciais dos 4.200 que ten a Deputación. Isto supón o 83% de vias, e un investimento de preto de 620.000 euros.
Os municipios que se sumaron á iniciativa son: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Castro de Rei, Castroverde, Folgoso do Courel, Cervantes, Cospeito, Chantada, A Fonsagrada, Foz, Xermade, Guitiriz, Guntín, Xove, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Pobra de Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba e Viveiro.
Nos outros 10 municipios (Carballedo, O Incio, Friol, Outeiro de Rei, O Corgo, Sober, Ribeira de Piquín, Muras, Cervo e Lugo –este último non se sumou por problemas técnicos-), o organismo provincial contratará directamente os traballos, como se viña facendo ata que chegou o actual equipo de Goberno da Deputación.
I Xornada informativa
O máximo mandatario provincial subliñou que esta iniciativa súmase a outras impulsadas polo actual equipo de Goberno, e que tamén permiten aforrar cartos ás entidades locais xa que lles supoñen un custe cero, ó tempo que se melloran os servizos ós cidadáns. O Presidente destacou o Innova-TE, un programa dotado de 9 millóns de euros, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER, e un 30% polo INLUDES, que permitirá implantar a e-administración na Deputación e en 66 Concellos da provincia en 13 meses. Neste senso, Gómez Besteiro adiantou que o vindeiro 7 de maio o Pazo Provincial acollerá a I Xornada informativa sobre a posta en marcha desta inciativa, cita á que convidou a todos os Alcaldes da provincia.
Asistentes ó acto
Á sinatura do convenio asistiron: Alcalde de Abadín, José María López; Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas; Tenente Alcalde de Antas de Ulla, Robustiano Taboada; Alcalde de Baleira, Francisco Acal; Alcalde de Baralla, Manuel Jesús Gónzález; Alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente; Alcalde de Becerreá, Manuel Martinez; Alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez; Concelleiro de Burela, Pascual Domenech; Alcalde de Castro de Rei, Juan José Díaz; Alcalde de Castroverde; José María Arias; Tenente de Alcalde do Courel, Lina López; Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez; Tenente Alcalde de Cospeito, Fernando Carballeira; Alcalde de Chantada, Manuel Taboada; Alcalde da Fonsagrada, Argélio Fernández; Tenente Alcalde de Xermade, Antonio Riveira; Concelleira de Guitiriz, Sandra Freire; Alcade de Xove, Demetrio Salgueiro; Tenente Alcalde de Láncara, José Manuel Neira; Alcalde de Lourenzá, Vidal Martinez; Alcalde de Meira, Antonio de Dios; Concelleiro de Monforte, Antonio Luaces; Alcalde de Monterroso, Antonio Gato; Alcalde de Navia, José Fernández; Alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña; Alcalde de Palas de Rei, Fernando Alfredo Pensado; Alcalde de Pantón, José Luís Álvarez; Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; Alcalde de O Páramo, Gumersindo Rodríguez; Alcalde de A Pastoriza, Primitivo Iglesias; Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, Xosé Luís Raposo; Alcalde de Pol, Lino Rodríguez; Alcalde de Pobra de Brollón, José Luís Maceda; Alcalde de A Pontenova, Darío Campos; Alcaldesa de Portomarín, Silvia Rodríguez; Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; Alcalde de Rábade, Francisco Fernández; Alcalde de Ribadeo, Fernando Barcia; Alcalde de Ribas do Sil, Miguel Angel Sotuela; Alcalde de Riotorto, Federico Guitiérrez; Alcalde de Sarria, Claudio Garrido; Tenente Alcalde de O Saviñao, Juan Carlos Armesto; Alcalde de Taboada, José Jesús Ramos; Alcalde de Trabada, José Manuel Yanes; Alcalde de Triacastela, Miguel Angel Fernández; Alcalde de O Valadouro, Eulogio Fernández; e Alcalde de O Vicedo, José Jesús Novo.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



