NOTA DE PRENSA:
O GPPP di que gran parte das obras que anuncia Besteiro deberían estar xa rematadas.
* Os populares afirman que no novo plano máis da metade das investimentos datan da etapa do PP.
* Consideran que “a política de anuncios é unha bulra á intelixencia dos lucenses”
Lugo, a 24 de abril de 2010.- GPPP afirmou hoxe que Gómez Besteiro anuncia obras que xa deberían estar feitas, dado que algunha quedaron adxudicadas no seu día polo anterior equipo de Goberno do PP.
Os populares afirman que no novo plano extraordinario de doce millóns de euros para estradas, algunhas obras xa se tramitaron durante a etapa anterior, e son as seguintes:
| CONCELLO | OBRA | IMPORTE | TRATADA EN XUNTA DE GOBERNO PROVINCIAL DE |
| O CORGO | Saneamento e depuración Arxemil | 243.000’00€ | 22/06/2007 |
| FOZ | REIRIZ A ESPIÑEIRA PK 0’4 Ó PK 0’9 | 500.000’00€ | 16/02/07 |
| LÁNCARA | LU 2703 DE POBRA DE SAN XIAO A CARRACEDO | 300.000’00€ | PROXECTO ELABORADO EN ETAPA PP |
| LUGO | TERMINACIÓN DO PLAN PARADAY | 1.300.000’00€ | 18/05/2007 |
| LUGO | EXPROPIACIÓNS CAMPUS E OUTRAS | 1.300.000’00E | 18/05/07 |
| A PASTORIZA | ESTRADA MONCELOS-CARRIZAL, PK 2’6 Ó PK 3’81 | 745.000’00€ | 16/02/07 E 04/05/07 |
| PORTOMARÍN | ESTRADA ALTO VALIÑO-VALDEPORRÁS, PK 4’2 Ó PK 7’5 | 600.000’00€ | PROXECTO ENCARGADO NA ETAPA ANTERIOR |
| RIOTORTO | MARCO DE ÁLVARE-AS RODRIGAS PK 0’0 Ó PK 5’8 | 1.033.000’00 | 16/03/2007 E 17/04/2007 |
Os populares indican que o total desas obras é de 5.921.000’00€, prácticamente a metade do destinado no novo plan. Pero ademais destacan que algunha desas obras xa estaba adxudicada, como por exemplo a obra no concello de A Pastoriza.
Facendo un percorrido polos concellos “beneficiados” por este plano, dos dezanove concellos nos que se van acometer actuacións en estradas, catorce teñen o mesmo color político có bipartito. O conxunto das obras que se acometerán en concellos con alcaldes do PP ascende a 2.114.341’00€, escasamente o dezasete por cento do total do investimento. O que define perfectamente o carácter partidista deste plano.
No que se refire ós convenios a asinar con concellos, resulta sorprendente que na memoria de Besteiro non se inclúan as actuacións a levar a cabo e en que concellos, e que só indique a cantidade total que se vai investir, co que estamos ante un uso totalmente clientelar e caciquil dos fondos que a el se destinen. Ademais, demostra a improvisación coa que se acomete este plan.
Por certo, nin nos presupostos de 2009 nin nos de 2010 aparece partida algunha para o polideportivo de Ribadeo nin para o campo de fútbol de Vilalba. Ademáis, desde o GPPP reiteran que a Deputación baixa o investimento no mantemento da rede viaria provincial en oitocentos cincuenta mil euros.
Polo que se refire ás actuacións en marcha, tamén é chocante que Besteiro se apropie da Escola de Enxeñaría Civil, cun importe de catro millóns de euros. Só hai que ver a acta da Xunta de Goberno da Deputación de 22de Xuño de 2007 para ver que esta obra é impulsada e arrancan os trámites co anterior equipo de goberno. E unha vez máis, se volven a anunciar as subvencións, as obras de POS, as do Canon, etc.
Polo tanto, desde o GPPP queremos manifestar que, ainda que entendemos que calquera actuación que serva para dinamizar a provincia e manter emprego é boa, estamos, neste caso, ante unha burla á intelixencia dos lucenses. E eso é así porque moitas das obras que agora se citan xa poideron estar totalmente rematadas nestes tres anos, xa que foron absolutamente paralizadas coa chegada do bipartito á Deputación. Eso demostra que as denuncias que o GPPP veu facendo de forma reiterada nestes tres anos son certas, e que estamos ante unha mostra da improvisación, da nula dedicación ó traballo e do uso partidista e clientelar que fai Besteiro cos cartos de todos os cidadáns da provincia.


















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



