Nota de Prensa
O PP consideran un insulto que Besteio vaia a Foz a anunciar unha obra que tiña que estar feita hai tres anos
* Os populares aseguran que o investimento do plan-express do presidente da Deputación para a Mariña so supón o doce por cento do total
Foz, a 29 de abril de 2010.- O Partido Popular afirmou hoxe en Foz, a través de membros do partido nesta localidade, encabezados polo voceiro municipal Pedro Fernández e o presidente da xunta xestora Ramón Fernández, acompañados do voceiro adxunto do Grupo Popular na Deputación, José María González Barcia, que “a Mariña non existe para Besteiro, e a comarca está a sufrir un castigo e unha marxinación que quedan lonxe daquel compromiso feito polo presidente no seu discuros de investidura”.
González Barcia, considera que “tal afirmación susténtase no planexpress elaborado por Besteiro de cara ás eleccións: só dúas obras na Mariña, de vinte actuacións previstas: unha un tramo de medio quilómetro da estrada Reiriz-Espiñeira en Foz, dende o P.K. 0’400 ó P.K. 0’900, cun presuposto de 400.000 euros, e outra a estrada Marco de Alvare-As Ródrigas, no concello de Riotorto, dende o P.K. 0’000 ó P.K. 5’800, que conta con un 1.033.000 euros. Polo tanto, o investimento total na comarca ascende a 1,4 millóns de euros, o que representa un doce por cento da partida total”.
O vocerio dos populares na Deputación recalcou tamén que “as dúas obras veñen da etapa do PP na Deputación. Concretamente, da primeira delas hai constancia na Xunta de Goberno de 16/02/2007, e da segunda na Xunta de Goberno de 16/03/2007. A partires de aí, nada, ata este momento. Ou sexa, tres anos de retraso na tramitación destas actuacións, que foron ademais solicitadas polos veciños”.
Barcia tamén suliñou que algunhas obras que están “pregonando” dende a administración provincial, como é o caso da reparación dun pavillón en Ribadeo, non aparecen recollidas nos ornamentos deste ano.
Pola súa banda, os representantes do PP de Foz lamentaron que Besteiro “veña hoxe a Foz a anunciar unha obra que no seu momento promoveu o PP local ante a Deputación. Besteiro chega tres anos tarde a Foz, e eso pouco menos que é un insulto ós cidadáns. Ademais, vir ó concello de Foz a inaugurar ou visitar obras de pouco máis de dous millóns de pesetas correspondentes o plan de colaboración veciñal é un espectáculo lamentable que deixa ben ás claras que o que vén a facer aquí non é máis que pasear”.
Igualmente, criticaron a deixadez do alcalde. “Rivera debería plantexar proxectos serios e coherentes ante a Deputación, pero na vez deso, adícase, ademais de ir de palmeiro de Besteiro, adícase a tentar resolver os problemas internos do seu partido, o que está a afectar moi negativamente ó funcinamento do concello”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



