NOTA DE PRENSA:
O GPPP di que o plan extraordinario de obras de Besteiro chega tarde e tachao de oportunista
* Os populares insisten en que máis da metade desas hipotéticas novas obras xa tiñan que estar rematadas polo que acusan o goberno provincial de retrasar deliberadamente e por interese partidista a súa execución
* Acusan ó presidente da Deputación de falta de transparencia por non aclarar os concellos cos que asinarán convenios e que obras se acometerán neles por importe de 10 millóns de euros
Lugo, a 29 de abril de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular tiña fundadas sospeitas de que o bipartito provincial mantiña paralizada a Deputación, algo que o propio presidente Gómez Besteiro confirmou durante o pleno do pasado martes cando explicou o Plan extraordinario de obras.
Para os populares, a conclusión é clara: perdéronse tres anos porque intencionadamente non se executaron obras que xa quedaran presupuestadas, moitas incluso adxudicadas, que agora se inclúen neste plan de actuación, co que implícitamente recoñecen que son actuacións que o propio José Ramón Gómez Besteiro considera necesario acometer.
Esta actitude, que dende o PP non dubidan en calificar de caprichosa e revanchista, supuxo un verdadeiro castigo para a provincia e só responde á búsqueda dun cuestionable rédito electoral, dado que persegue concentrar no último ano de lexislatura a execución dun importante número de obras das que, de cumplirse os prazos, xa se debería estar a facer uso. Segundo aseguran, a partir de agora seremos testigos dun periplo do presidente pola provincia poñendo a primeira pedra de obras que terían que terse xa inaugurado, facendo gala desa merecida fama de home anuncio.
Na opinión dos populares é tremendamente cínico vincular a posta en marcha desta plan extraordinario de obras cunha medida coa que tentar paliar os efectos da crise económica na provincia de Lugo. Consideran, de feito, que si o goberno que lidera Gómez Besteiro realmente quixera compensar a perda de actividade económica e aportar algunha solución á situación actual, xa tería incremento o volume de obra pública hai, cando menos, dous ano atrás.
FALTA DE TRANSPARENCIA.-
Por elo, dende o GPPP califican este plan extraordinario de electoralista e reprocharon a Besteiro que durante o pleno non fora quen de especificar con que concellos se van a firmar convenios nin que obras se van a acometer neles por importe de 10 millóns de euros. Esta falta de transparencia só pode significar dúas cousas ó entender dos populares: que o reparto responda a intereses partidistas e polo tanto se trate dunha distribución clientelar ou que a estas alturas non teñan claro aínda que actuacións se van a incluir nestes convenios e sexa unha especie de caixón de xastre na que a improvisacións marcará a pauta.
Para o GPPP tentar argumentar este plan coa manida vertebración e dinamización económica da provincia é un insulto a todos os veciños da provincia. Si realmente houbera intención de apostar e promover o desenvolvemento de Lugo Gómez Besteiro e o seu equipo non terían fundido, por poñer un exemplo, o remanente de tesourería que herdaron da etapa anterior en gastos diversos dos que non se derivou ningunha utilidade productiva nin demorarían tampouco a execución das obras que estaban xa previstas.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



