RIBADEO (FNC) .- Só unha candidatura, a encabezada por Francisco Iriarte, presentouse para proceder á renovación da xunta directiva de ACISA/CCA. O prazo concluíu onte 22 de abril e o próximo 10 de maio terá lugar unha asemblea xeral extraordinaria na que se procederá á substitución á fronte da Asociación de Comerciantes e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo.
A única candidatura presentada fórmana: Francisco Iriarte como presidente; Ramón Leivas como vicepresidente; Roberto Rivas como secretario; Mar Torviso como tesoureira e como vocais figuran: Manuel Sanjurjo, José Luís Botana e Manuela Torviso.