BURELA .- A Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición fotográfica sobre a historia do barrio de Casas Baratas. A mostra permanecerá aberta durante quince días e, unha vez que se remate, as fotos volverán a mans da asociación de veciños. A iniciativa de recuperación destas imaxes que puxo en marcha a AA.VV. Casas Baratas contempla a edición de DVDs para e elaboraron un álbum no que aparecen distintas xeracións dun barrio con 102 familias onde residen preto de 300 persoas, segundo indicou o secretario da asociación, Francisco Goás.
A A.V. de Casas Baratas foi compilando as fotografías que os restantes veciños e veciñas aportaron, até que chegaron a xuntar máis de mil imaxes que permiten recompoñer como foi desde hai anos a vida cotiá de ducias de persoas que residiron ou aínda residen no barrio. A colección fotográfica reflicte o quefacer diario, o traballo e acontecementos sociais propios das épocas.
Esta inicitiva contou co apoio económico da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Home Actualidade A asociación de veciños Casas Baratas de Burela expón unha recompilación fotográfica sobre a historia do barrio
A asociación de veciños Casas Baratas de Burela expón unha recompilación fotográfica sobre a historia do barrio
Relacionado
-
A Deputación difundirá este 8M historias de mulleres traballadoras da provincia cunha campaña audiovisual
-
O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que “poña toda a carne no asador” para cubrir as dúas baixas de cardioloxía no Hospital da Costa
-
As vendas de peixe nas lonxas galegas mantivéronse en 2020 malia as dificultades ante a alerta sanitaria polo coronavirus