BURELA .- O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou na clausura das xornadas técnicas de Expomar e anunciou que o “Barco Muralla de Lugo” presentarase en A Mariña. Será un stand turístico-medioambiental móbil co que a Deputación homenaxeará ó monumento no seu decimo aniversario como Patrimonio da Humanidade, levando o seu nome por toda a xeografía española.
Nota de Prensa
Gómez Besteiro anuncia en Burela que a Mariña será o lugar elexido para presentar o Barco Muralla de Lugo
– Será un stand turístico-medioambiental móbil e pioneiro en España, co que a Deputación homenaxeará ó Monumento no seu 10º aniversario como Patrimonio da Humanidade, levando o seu nome por toda a xeografía española
– O titular provincial clausurou as XVII Xornadas Técnicas de Expomar 2010 que se desenvolveron estes días en Burela
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este venres as XVII Xornadas Técnicas de Expomar 2010 que se desenvolveron onte e hoxe na Confraría de Pescadores “San Juan Baustita” de Burela. Este é o terceiro ano consecutivo que o titular provincial participa neste encontro “que xa é un referente para o sector non só en Lugo, senón tamén en Galicia”.
No acto, no que tamén participaron o Alcalde do municipio mariñano, Alfredo Llano, e o Xefe Territorial de Pesca, Vidal Martínez Sierra, Gómez Besteiro anunciou que a Mariña será o lugar escollido para presentar o Barco Muralla de Lugo. Será un stand turístico-medioambiental móbil e pioneiro en España, en forma de barco pesqueiro, que homenaxeará ó Monumento bimilenario no seu décimo aniversario como Patrimonio da Humanidade, levando o seu nome por toda a xeografía española.
O Barco Muralla de Lugo non só funcionará como aula medioambiental, promocionando a provincia, senón que “surcará” as estradas para estar presente en feiras e festas contribuíndo á comercialización dos produtos autóctonos lucenses. Ademais, estará totalmente ambientado nos barcos da mariña luguesa.
Gómez Besteiro realizou este anuncio no transcurso da clausura das xornadas nas que tamén destacou que a Mariña é un dos motores económicos máis importantes de Galicia. Deste xeito, apuntou que, tal e reflicte o Plan Estratéxico da provincia que elaborou a Deputación, Burela e Celeiro contabilizan a flota industrial da provincia e son un referente na actividade portuaria galega e mesmo española. Neste senso, sinalou que o documento pon de relevo que nesta zona da provincia existe unha flota de referencia en determinadas especies como o bonito, a pescada ou o mero, e unha flota de altura claramente competitiva que faena principalmente en augas comunitarias.
Asimesmo, o máximo mandatario provincial lembrou que, malia que a Deputación non ten compentencias en materia pesqueira, xa que estás correspóndenlle as administracións autonómica e estatal, tamén colabora no financiamento de proxectos impulsados polas confrarías e asociacións marítimas.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



