Nota de Prensa
O deputado popular mantivo unha xuntanza coa conselleira Rosa Quintana na que lle deu conta da ampla oferta formativa que se desenvolverá na costa norte, que suporá a mobilización dun orzamento superior aos 126.600 euros
BALSEIRO VALORA “MOI POSITIVAMENTE” O ACHEGAMENTO DA OFERTA FORMATIVA DA CONSELLERÍA DO MAR AOS PORTOS E CONFRARÍAS LUCENSES
* Mar está a desenvolver un grande esforzo para achegar os procesos formativos aos interesados e evitar así custosos desprazamentos –na maior parte das veces profesionais do mundo do mar que se vén na obriga de perder tempo do seu traballo- ata as escolas náutico pesqueiras
Santiago, 15 de maio de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol valorou “moi positivamente” o esforzo que está a desenvolver a Consellería do Mar para o achegamento da oferta formativa no ámbito marítimo pesqueiro aos portos e confrarías lucenses. O parlamentario mariñán mantivo unha xuntanza coa titular deste departamento autonómico, Rosa Quintana, na que se lle deu conta da ampla oferta formativa programada que se desenvolverá no noso litoral, e que suporá a mobilización dun orzamento superior aos 126.600 euros.
Segundo o explicado, a Consellería do Mar impulsará na zona norte de Galicia dez cursos de formación básica, sete de mariñeiro pescador, catro de operador restrinxido do GMDSS (Operador do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima), dous de formación sanitaria inicial, un de patrón costeiro polivalente (máquinas), e outros sobre xestión administrativa, contratación e tramitación de seguros, accións todas elas que deberán rematar antes de finais de 2010.
MÁIS CURSOS NOS PORTOS E CONFRARÍAS
Ata o momento, gran parte destes cursos de competencia autonómica, se estaban a desenvolver aproveitando as infraestruturas que xa dispón a Xunta nas Escolas Náutico Pesqueiras (Ribeira, Vigo e Ferrol). Agora tamén o departamento que dirixe Rosa Quintana aposta por achegar un maior número deles aos distintos portos do litoral galego, todo iso co obxecto de aproximar os procesos formativos aos interesados e evitar así os custes –económicos e en disposición de tempo- que supoñía ter que desprazarse ata as Escolas.
Balseiro lembrou que moitas veces as persoas interesadas en este cursos son profesionais do mundo do mar, que deben facer compatible a súa formación coa seu traballo diario e que, grazas a poder cursar esta formación na súa confraría ou nas instalacións que se habilitan nos portos, compatibilizan dun xeito máis doado ambas ocupacións e incluso cos seus horarios de traballo.
O voceiro do Mar tamén explicou que, no tocante ao curso de mariñeiro pescador –dos que se prevén sete accións formativas só na zona norte- a súa realización na costa norte lucense adquire especial relevancia, xa que a lexislación vixente establece a obriga de dispoñer deste curso como condición previa e indispensable para o embarque a partir do próximo verán.
RECLAMA UN ESFORZO SIMILAR POLO GOBERNO CENTRAL
O deputado popular, que ademais capitanea a portavocía do Mar do seu Grupo Parlamentario quixo tamén salientar o contraste existente entre a ampla oferta formativa que desenvolve a Xunta e a que debera realizar o Ministerio de Fomento, hoxe moito máis limitada. Aínda que a Consellería do Mar tan só ten competencia para impartir os cursos de mariñeiro pescador, patrón local de pesca, patrón costeiro polivalente e aumento de caballaxe (para mecánicos navais), o número destas accións é moi superior as que debera desenvolver o Ministeiro de Fomento e o Instituto Social da Mariña (ISM). Nesta liña adiantou que o lóxico sería que o Goberno central fixera un esforzo similar “tendo en conta, sobre todo, que moitos destes cursos son básicos, polo que se lles esixe a súa posesión aos profesionais do mudo do mar”
RECUPERAR A ILUSIÓN POLO MAR
Finalmente Balseiro tamén quixo significar a importancia que ten que, desde as administracións, se aposte polo fomento da formación na área marítimo pesqueira, como modo non só de achegarse a un gran número de xente e recuperar con iso a “ilusión polo mar”, senón tamén porque agora, en época de crise, estes cursos son un instrumento para o fomento do emprego e da empregabilidade, así como tamén una garantía que contribúe á recuperación económica, grazas á disposición de profesionais máis formados, e máis preparados.





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



