Nota de Prensa
O GPPP critica a hipocresía de Besteiro por laiarse agora da perda de 18 millóns de euros das transferencias do Estado
* Lembran os populares que socialistas e nacionalistas rexeitaron o pasado mes de outubro unha moción na que precisamente instaban á Deputación a reclamar ó Goberno de Zapatero o mantemento de todas as partidas e conceptos orzamentarios que se viñan adicando ás entidades locais
Lugo, a 30 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular critica a hipocresía amosada polo presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro cando no transcurso do último pleno laiouse de perda de 18 millóns de euros pola rebaixa imposta polo Goberno Zapatero ós fondos que transfire ás administracións locais.
Para os populares resulta lamentable este novo exemplo da hipocresía política que habitualmente practican os socialistas ó non manifestar ningún pudor en cambiar de criterio e discurso segundo onde se atopen e únicamente en base ó que máis lles conveña para os seus intereses partidistas.
Lembran dende o GPPP que non ten ningún sentido que agora Gómez Besteiro se lamente desa merma na disposición orzamentaria da Deputación como consecuencia do recorte nas transferencias do Estado cando o seu grupo, xunto co BNG, rexeitou a finais do pasado mes de outubro unha moción na que precisamente plantexaban esixir ó Goberno central, dada a grave crise económica na que nos atopábamos, o mantemento, sin recorte de ningún tipo, das partidas orzamentarias adicadas ás entidades locais.
Unha vez máis, ó entender dos populares, Besteiro, co recoñecemento implícito do dano que esta merma de fondos causa a Lugo dado que afecta directamente á capacidade inversora da Deputación, deixa pantente que antepón os intereses do seu partido ós da provincia. Prefiere, engaden os populares, respaldar a nula xestión que está a realizar o Goberno Zapatero e avalar os erros monumentais nos seus cálculos económicos, que defender unha maior capacidade inversora para a provincia de Lugo.
Detectan os populares, a tenor desta actitude sumisa, unha nula capacidade reivindicativa de Gómez Besteiro ante o seu propio partido para evitar uns efectivos negativos que, ademáis da Deputación, afectan á Xunta e a todos os concellos da provincia.



















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



