CERVO .- A asociación de veciños de Cervo Sargadelos fai público so seu apoio a Plataforma en defensa da Sanidade da Mariña seguindo o acordo adoptado na súa última asemblea xeral.
NOTA DE PRENSA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CERVO E SARGADELOS APOIA
A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE DA MARIÑA
Esta Asociación de Veciños cree que unha boa sanidade pública é
unha das maiores contribucións o benestar e a xustiza social. E
que para conseguir esta meta hai que apostar por ter unha Area
Sanitaria na Mariña mais potente e resolutiva, con profesionais
implicados, competentes e satisfeitos, que afronten os novos retos
sociosanitarios nas mellores condicións. Sen embargo, a realidade
é que vimos asistindo a un deterioro progresivo da atención
sanitaria nesta comarca, e agora dende a Consellería de Sanidade
da Xunta de Galicia preténdese crear para a provincia de Lugo,
unha área sanitaria ÚNICA, o que suporá a centralización da
xestión tanto hospitalaria coma dos centros de saúde en Lugo,
facendo que todos os usuarios da Mariña, que abarca 14 concellos,
pasarían a ter como primeiro Hospital de referencia o Hospital de
Lugo, a uns 100 Kms de Burela e uns 90 minutos en tempo de
desprazamento en coche. Por todo isto, en base a esas decisións,
daríanos as seguintes consecuencias directas:
– Unha xerencia asentada en Lugo, pola súa distancia, sería unha
gran descoñecedora dos problemas que xurdisen nos centros da área
da Costa, coma xa pasa con outros servicios.
– E tamén, si esta xerencia única está emprazada en Lugo, podería
por en cuestión investimentos tanto no propio Hospital como nos
Centros de Saúde da Costa.
– Por outra banda, unha xerencia única instalada en Lugo, e diante
da escaseza de certos especialistas, implicaría desprazamentos
constantes de poboación da Costa á capital, o que levaría consigo
unha perda de calidade de vida, ademais de ter que asumir gastos
de desprazamento, e incluso de hospedaxe, e dicir, volver o que xa
vivimos fai máis de 20 años.
Por todos estes motivos a creación da Xerencia Única de Lugo,
crearía unha diminución de calidade asistencial que se lle presta
á poboación da Mariña e non pode consumarse porque sería avanzar
no desmantelamento de servizos da Mariña, particularmente en algo
tan importante como na atención sanitaria.
E polo que esta Asociación de Veciños de Cervo e Sargadelos,
seguindo o acordo adoptado na súa última Asemblea Xeral, apoia as
revindicacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na
Mariña:
• Unha área de Xestión Integrada Única propia da Mariña.
• Unha aposta firme e decidida por esta comarca coa ampliación
real do Hospital da Costa e número de camas, implantación da
Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno
funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia
Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en
funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de persoal e
por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e
unidades existentes tanto de Atención Primaria como de
Especializada.
• Un xerente de Area Integrada Única de Burela e non un Xerente
Executivo que sería unha mera figura representativa.
Para así de este xeito, poder seguir loitando por unha Sanidade
Pública universal e de calidade, que foi a base fundamental para o
desenrolo do Estado de Benestar e un dos piares para asegurar a
solidariedade e a equidade dentro dunha sociedade.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



