BURELA .- A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública emite un comunicado conxunto coas plataformas de Monforte e O Barco en protesta pola centralización das gradas de radioloxía, polo que supón de prexuízo na calidade da asistencia e de desatención ao paciente que terá que ser diagnosticando por internet.
NOTA DE PRENSA
COMUNICADO DE PRENSA CONXUNTO DAS PLATAFORMAS DE MONFORTE, BURELA, O BARCO DE VALDEORRAS E VERÍN
O Barco de Valdeorras, 10 de xuño de 2010
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Monforte, Burela, O Barco de Valdeorras e Verín reunidas en Valdeorras o pasado día 3 de xuño queren manifestar a súa preocupación ante a intención por parte da Consellería de Sanidade de centralizar as gardas de radioloxía, deixando sen radiólogos de garda ao resto dos hospitais.
Ante o prexuízo que supón na calidade de asistencia das poboacións das áreas afectadas mostramos o noso absoluto rexeitamento a que isto poida ser realidade algún día.
Mentras dende a Xunta nos falan de acercar a asistencia ao paciente, os feitos demostran todo o contrario. E tanto na atención especializada como na primaria van aumentando as deficiencias confirmando o abandono da Consellería das áreas sanitarias cun hospital comarcal ao fronte.
Esta medida de reagrupar as gardas de radioloxía vai provocar que nos comarcais non haxa quen faga as ecografías urxentes que se necesiten e por conseguinte, no caso de que por exemplo un accidentado precise dunha ecografía urxente, que se fará? Trasladarase o paciente a Ourense, Ferrol ou Lugo xogando coa vida do usuario? Iniciarase unha intervención cirúrxica sen diagnóstico fiable? É esta a calidade e a cercanía que nos queren ofertan co novo modelo de xestión?
Esiximos o mantemento e a potenciación das nosas áreas con todas as competencias actuais, a cobertura dos servizos e unha verdadeira cercanía da asistencia facendo, de verdade, o paciente o centro do sistema.
Ante as últimas visitas de diferentes autoridades do goberno galego ás localidades afectadas por esta mudanza de xestión, reclamamos que xa é hora de que nos ensinen, dunha vez por todas, o novo decreto, xa que será o único xeito de poder constatar de maneira irrevogable o anuncio feito polo Presidente da Xunta de Galicia do mantemento das áreas sanitarias con toda a súa capacidade e independencia, tal como están na actualidade, dentro dun modelo de xestión integrada (primaria e especializada de cada área)
As Plataformas estaremos pendentes de calquera movemento que se produza en contra da realización das nosas reivindicacións.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



