Nota de Prensa
O PPdeG espera que os recortes presupuestarios non afecten a posta en servizo da A-8 “xa que faltan por inverter mais de 100 millóns en 2011 en 32 kilómetros” segundo o voceiro de Infraestruturas Gómez Alonso
O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO PPDEG ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA QUE A AUTOVÍA DO CANTÁBRICO POIDA ESTAR EN SERVIZO NO 2011
* Así mesmo pide que o Ministerio de Fomento retome a redacción do estudio informativo do proxecto de corredor alta velocidade Cantábrico, contratado en 2003, para sometelo a información pública no 2012
* O PPdeG pide garantías de que a A-8 sexa unha autovía libre de peaxe e segundo o deputado popular a xestión dos anteriores gobernos socialistas en Galicia e Asturias provocaron un retraso de 3 a 4 anos para a autovía, cuio prazo de finalización era o 2008-2009
* O deputado popular criticou o feito de que Fomento impulse o AVE Cantábrico-Mediterráneo, en detrimento de Galicia e Asturias
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou , na Comisión de Ordenación Territorial celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG encamiñada a que no ano 2010 se adopten tódalas medidas necesarias para acelerar a construción das obras co fin de que a Autovía do Cantábrico poida estar en servizo no ano 2011. Na mesma Proposición non de lei, aprobada favorablemente polo BNG e cos votos en contra do PSdG-PSOE, se solicita a Xunta dirixirse ao Ministerio de Fomento para que retome a redacción do estudio informativo do proxecto do corredor de alta velocidade do Cantábrico (Ferrol-Asturias-Cantabria-Bilbao), contratado en 2003, para sometelo a información pública no ano 2012.
O PPdeG espera que os recortes presupuestarios non afecten a posta en servizo da
A-8 “xa que faltan por inverter mais de 100 millóns en 2011 en 32 kilómetros” segundo o voceiro de Infraestruturas, Gómez Alonso, encargado de defender a iniciativa. Para o deputado popular o noroeste español “segue a ser tratado de forma discriminatoria polo goberno do Estado que freou os avances impulsados polo PP en materia de infraestruturas o que vai significar un importante deterioro para as comunicacións co resto das comunidades e con Europa. Asturias e Galicia continúan sen verse comunicadas por unha rede de alta capacidade tras case tres anos de mandato do goberno socialista, tanto se trata de infraestruturas viarias como se de liñas ferroviarias se refire”.
AUTOVÍA LIBRE DE PEAXE
O PPdeG pide garantías de que a A-8 sexa unha autovía libre de peaxe e, segundo o deputado popular, a xestión dos anteriores gobernos socialistas en Galicia e Asturias provocaron un retraso de 3 a 4 anos para a autovía, cuio prazo de finalización era o 2008-2009. Así indicou que a día de hoxe continúa con varios tramos sen concluír, a pesares de que no cumio celebrado no 2006 polos gobernos socialistas de Galicia e Asturias a consideraron prioritaria e acordaron definir unha actuación conxunta co Ministerio de Fomento co fin de que durante o ano 2006 todos os tramos estivesen licitados ou en obras.
AVE ANULADO POLO GOBERNO ZAPATERO
Ao respecto do AVE que uniría 4 comunidades autónomas, 3 países (Portugal, España e Francia) e 7 millóns de habitantes, como é o AVE Transcantábrico o deputado popular indicou que “foi anulado polo goberno do Sr. Zapatero deixando desta forma a cornixa cantábrica fora da conexión directa con Europa”. “Así en xaneiro de 2007 no BOE publicábase a decisión do Ministerio de Fomento de deixar sen efecto as encomendas de xestión efectuadas ao GIF, na actualidade ADIF” indicou o deputado popular indicando que estas encomendas consistían na licitación dos contratos de consultaría e asistencia para a redacción do estudo informativo dos proxectos dos tramos límite de Asturias con Cantabria-Bilbao , límite de Galicia con Asturias-límite de Asturias con Cantabria e comarca de Ferrol-límite de Galicia con Asturias, así como a licitación do contrato de consultaría e asistencia para a coordinación, prognoses de tráfico e estudos de demanda e económicos dos estudios informativos anteriores.
Gómez Alonso indicou que no 2004 Fomento plantexou dúbidas sobre a execución do proxecto e finalmente a cumbre dos gobernos asturiano e galego no 2006 amosaron unha clara intención de postergar o AVE do Cantábrico sine die e a cumio dos socialistas do Noroeste en Logroño, no 2006, pedían “cantos estudos sexan necesarios para comprobar a viabilidade do proxecto, como se fose inexecutable”. Por último, indicou que os presidentes socialistas de Galicia e Asturias indicaron que AVE Cantábrico non era prioritario e o PSOE rechazou nas cortes unha iniciativa do PP para darlle prioridade “poñendo o punto y final polo momento a cuestión que ven a demostrar unha vez mais que o AVE Cantábrico quedou aparcado definitivamente polo goberno socialista de Madrid” e criticou o feito de que en vez dese Fomento impulsa o AVE Cantábrico-Mediterráneo (Cantabria-País Vasco-Castilla León- Navarra-La Rioja-Aragón y Valencia).



















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



