NOTA DE PRENSA
O BNG PREOCUPADO POLO AUMENTO DOS ACTOS DE VANDALISMO NO CONCELLO DE FOZ
Basanta ve necesaria unha maior persecución destes delitos contra os bens públicos
Foz, 3 de xuño de 2010.- O BNG manifesta a súa preocupación polo aumento de actos vandálicos no Concello de Foz durante estes días nos que se esnaquizaron todas as luminarias dos aparcadoiros da praia de Llas e arrancaron algúns paneis informativos no paseo marítimo. Non hai moito tempo tamén foron rotos e dobrados case todos os farois públicos da Rúa Illa Nova.
Está claro que estes actos son consecuencia de persoas irresponsables que non teñen consideración polos bens públicos e que é moi difícil controlar todas estas situacións pero tamén é certo que as persoas que cometen estes actos son sempre as mesmas e polo tanto a responsabilidade do Goberno Municipal é estar alerta e poñer todos os medios ao seu alcance para tratar que esto non vaia en aumento.
O BNG condena rotundamente todos estes actos vandálicos contra o mobiliario urbano e demanda do Goberno Municipal unha dilixencia especial que corte de raíz estas “gamberradas” tan prexudiciais para o Concello, tanto desde o punto de vista económico como de imaxe para o pobo.


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



