Npta de Prensa
Os populares salientan que se trata da principal infraestrutura de benestar da Mariña lucense xa que terá capacidade para 150 prazas de residentes en pensión completa e 50 prazas máis no centro de día
A COMISIÓN DE SANIDADE DO PARLAMENTO DEBATIRÁ MAÑÁ UNHA PREGUNTA DO DEPUTADO DO PPDEG JOSE MANUEL BALSEIRO SOBRE AS PREVISIÓNS DA XUNTA PARA A APERTURA DA RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE COVAS (VIVEIRO)
* Os populares salientan que se trata da principal infraestrutura de benestar da Mariña lucense xa que terá capacidade para 150 prazas de residentes en pensión completa e 50 prazas máis no centro de día.
* Durante meses o Goberno municipal bloqueou os trámites previos á apertura do centro, alegando a necesidade de garantir unha condicións se cumprían dende o primeiro momento: que o 100% das prazas foran sostidas con fondos públicos e os criterios de selección de persoal seguiran baremos públicos.
Santiago, 29 de xuño de 2010.- A orde do día da Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento de Galicia prevista para mañá mércores 30 de xuño de 2010, a partir das 9.00 horas, inclúe unha iniciativa do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol na que se interesa sobre as previsións da Xunta de Galicia para a apertura da residencia de persoas maiores de Covas, no concello lucense de Viveiro.
A Consellería de Traballo e Benestar vén de promover a construción dunha residencia de persoas maiores que se configurará como a principal infraestrutura de benestar da Mariña lucense xa que terá capacidade para 150 residentes en pensión completa e 50 prazas máis no centro de día. Ademais do servizo social que ofertará esta nova residencia, está previsto que a súa apertura contribúa a xerar entre 70 e 100 postos de traballo directos. O montante global do orzamento mobilizado estará entorno a 7,8 millóns de euros.
ATRANCOS DO GOBERNO MUNICIPAL
Rematadas as obras de construción e superado o bloqueo imposto polo Goberno municipal de Viveiro que ata finais do mes de maio non presentou a proposta da alcaldía ao Pleno ratificando as condicións de cesión do solar onde está situada esta residencia a favor da Sociedade Galega de Servizos Sociais (SOGASERSO), cómpre agora coñecer as previsións que manexa a Xunta respecto da entrada en servizo do centro.
CONDICIÓNS QUE SE CUMPRIAN DENDE O INICIO
Balseiro lembra que tal e como recoñece o convenio entre o Concello de Viveiro e SOGASERSO –a sociedade titular da residencia participada polas caixas de aforros galegas- as condicións das que facía depender a Alcaldía a ratificación definitiva na cesión dos terreos se cumprían desde un principio: A Xunta sempre mantivo que o 100% das prazas serías sostidas con fondos públicos, non só en Viveiro senón tamén no resto das residencias de próxima apertura (Monforte e Vimianzo), e ademais (cita literal do convenio) “ambas partes consideran que os criterios de selección para a contratación de postos de traballo que emprega habitualmente SOGASERSO cumpren o obxectivo de transparencia que esixe o Concello”.
En consecuencia a única conclusión é que “o Alcalde socialista de Viveiro non fixou outra cousa que atrasar durante meses os trámites previos á apertura definitiva da residencia, razón que terá que explicar aos seus veciños e aos potenciais beneficiarios deste centro, aos que privou durante un tempo do seu disfrute”-conclúe Balseiro Orol
Coa nova residencia de Covas (Viveiro) acádase un avance na prestación de servizos de atención ás persoas maiores da zona da Mariña, ao tempo que se dá un paso máis na creación dunha auténtica rede de servizos sociais sostidos ao 100% con fondos públicos.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



