O Goberno galego destina a esta iniciativa, liderada polo CiMA , máis de 700.000 euros e conta coa participación do IGAFA e da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, anunciou hoxe no Parlamento de Galicia a posta en funcionamento no vindeiro mes de abril do minicriadeiro de semente de moluscos bivalvos no Vicedo, que estará dirixido polo equipo profesional do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Ribadeo e permitirá incrementar a capacidade de produción de semente en Galicia.
A responsable autonómica fixo estas manifestacións durante a resposta a unha pregunta parlamentaria relativa ao proxecto Partbiv, unha iniciativa que impulsa a participación directa do sector marisqueiro nos procesos de reprodución e cría de moluscos bivalvos, no que está enmarcada esta acción. Unha liña de traballo que amosa a importancia da investigación e da innovación para reforzar a sustentabilidade e a recuperación dos recursos marisqueiros.
A titular de Mar explicou que este proxecto se desenvolve no marco de Redemar, a rede creada pola Xunta para conectar o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia, e está liderado polo CIMA xunto co Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), en colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo. O obxectivo é implicar ao colectivo mariscador en todo o proceso de produción de semente de bivalvos, desde a reprodución e cría ata a súa posterior sementeira nos bancos naturais.
Villaverde subliñou que esta iniciativa conta cun orzamento superior aos 700.000 euros, cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), e permitirá avanzar tanto en resultados produtivos —como a mellora dos criterios para seleccionar semente con maior potencial de crecemento— como en resultados sociais, favorecendo unha maior implicación das persoas mariscadoras no seguimento e coidado dos bancos.
Máis de 2 millóns de semente
A responsable autonómica resaltou o traballo desenvolvido polos centros dependentes da Consellería do Mar, como o CIMA e o IGAFA, que entregaron en 2025 máis de 2,1 millóns de unidades de semente ás confrarías, das cales máis de 1,9 millóns corresponderon a ameixa fina, babosa e xaponesa. Unha cifra que, segundo indicou, se prevé incrementar nos próximos anos grazas ao desenvolvemento do proxecto Partbiv.
Neste contexto, Villaverde incidiu en que a cooperación entre administración, sector produtivo e comunidade científica é clave para avanzar na recuperación e xestión sostible dos recursos mariños e reiterou o compromiso da Xunta de seguir impulsando a investigación e a transferencia de coñecemento como ferramentas fundamentais para garantir o futuro do mar e do sector marítimo-pesqueiro galego.
Estatuto das mulleres do mar
A conselleira do Mar tamén respondeu a unha pregunta relativa á tramitación do Estatuto das mulleres do sector marítimo-pesqueiro de Galicia, unha norma destinada a reforzar o recoñecemento profesional e a igualdade de oportunidades das mulleres no ámbito marítimo-pesqueiro.
A responsable autonómica explicou que o texto está a seguir todos os trámites previstos para a súa aprobación, incluíndo a consulta pública previa, a fase de información pública e o proceso de audiencia ás entidades representativas do sector, co obxectivo de garantir unha elaboración participada e transparente da norma.
Neste sentido, subliñou que o estatuto pretende recoñecer os dereitos das mulleres do mar, combater a discriminación e fortalecer o seu papel profesional nun sector no que máis de 4.000 mulleres desenvolven a súa actividade na pesca, acuicultura e marisqueo en Galicia.
Saúdos do gabinete de comunicación da Consellería do Mar




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



