Nova cita gastronómica no hotel Vila do Val. Desde hoxe venres 23 de xullo ao 15 de agosto o protagonista será o bonito. Os amantes do príncipe azul poderán degustalo á prancha, con pisto, en rolo ou en caldereta mariñeira con patacas. A directora do hotel, María Hermida, explica que “non queriamos deixar pasar a tempada do bonito, que capturan sobre todo os barcos de Burela, para organizar unhas xornadas gastronómicas deste exquisito produto, a estrela do verán na zona”.
Comezan as xornadas de exaltación do bonito no hotel Vila do Val
Comezan as xornadas de exaltación do bonito no hotel Vila do Val
Relacionado
-
Ribadeo acolleu este domingo a XVIII Concentración Galicia e I Concentración astur galaica de Mercedes W123
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Ribadeo acolleu este sábado unha xornada de convivencia astur-galaica do Club Rotary ao que asisten integrantes chegados desde Vigo, Coruña, Ferrol, Avilés, Oviedo, Gijón, León e Ponferrada