Un modelo eólico depredador, promovido polo PP desde a Xunta e co beneplácito do PSOE no goberno Estatal, sen retorno real para a poboación local, sen control ambiental e sen participación veciñal
A Fonsagrada, 13 de Agosto de 2025. Desde o Bloque Nacionalista Galego da Fonsagrada denuncian publicamente o proxecto do parque eólico Muracais, promovido pola empresa Antila Solar SLU, “que supón unha nova ameaza directa sobre o noso territorio, a nosa veciñanza e o futuro do medio rural”.
O parque Muracais contempla a instalación de aeroxeradores de gran potencia en zonas de alto valor natural e paisaxístico, afectando directamente a núcleos de A Pobra de Burón, Carracedo, Mourisco, Castañoso, Pacios, Peizais, Xestoso de Riba, San Pedro de Neiro, A Fonsagrada, Xestoso de Baxo, Paradanova, Lidín, Candaído, Vilarello, Queixoiro, Vilarchao, Barbeitos, Silvela e Vilarmeán. Tamén se prevé unha extensa liña de evacuación que atravesa lugares como O Piñeiral, Vilardongo, Pedrafitelas, Pedrouzos, Cerredo, Chaín e Paradavella, incrementando aínda máis o impacto ambiental e visual do proxecto.
Este parque forma parte dun modelo “que o BNG leva anos denunciando: un modelo eólico depredador, promovido polo PP desde a Xunta e co beneplácito do PSOE no goberno Estatal, o que entrega o territorio ás grandes empresas eléctricas sen planificación, sen retorno real para a poboación local, sen control ambiental e sen participación veciñal”.
“Sen transparencia, sen planificación, sen respecto”
“O procedemento para a tramitación do parque Muracais é un exemplo claro de falta de transparencia e de respecto pola veciñanza. Os estudos de impacto ambiental publícanse en pleno verán (BOE do 10 de xuño de 2025, BOP de Lugo do 21 de xuño), con prazos limitados e escasa difusión. Moitas persoas afectadas souberon do proxecto grazas á mobilización cidadá e non pola acción institucional”.
Por iso, desde o BNG da Fonsagrada “participamos activamente na xornada informativa celebrada o pasado 19 de xullo, promovida por ADEGA e veciñanza afectada, e na que se recolleron sinaturas e se facilitaron modelos de alegacións para presentar ante o Ministerio”.
Propoñemos outro modelo: xusto, ordenado e participativo
“Non nos opoñemos á enerxía renovable. Ao contrario: defendemos a transición enerxética como ferramenta clave para afrontar o cambio climático. Pero non a calquera prezo, nin en mans de fondos especulativos que non deixan máis que destrución no noso territorio”.
O BNG defende un modelo eólico alternativo, baseado en:
– Planificación ordenada, co territorio como suxeito e non como vítima
– Xestión galega da enerxía. Participación pública e local, con control e decisións da veciñanza.
– Retorno económico para os concellos e persoas afectadas
– Protección da biodiversidade, da paisaxe e do patrimonio cultural.
“Esiximos ao goberno do Concello da Fonsagrada que actúe”
“Non é suficiente con mirar para outro lado. O Concello ten a obriga de poñerse do lado da veciñanza, non das eléctricas. Por iso esiximos ao goberno municipal”:
Que informe con claridade sobre os proxectos en marcha no territorio
Que presente alegacións formais como administración local afectada
Que apoie publicamente á veciñanza mobilizada
“Desde o BNG da Fonsagrada seguiremos mobilizándonos para parar este proxecto, ao igual que fixemos co resto de parques eólicos agresivos que ameazan o noso concello. Apostamos por un rural vivo, sostible, con futuro e coas persoas no centro. Non imos calar ante a entrega do noso territorio aos intereses das eléctricas”.
“Animamos a presentar alegacións, as que podes descargar desde a paxina web adega.gal e tamén podes recollelas no Concello. O remate de prazo de presentación é até 20 de agosto”.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



