Nota de Prensa
Os populares sorprendidos porque o BNG acolla de mal agrado unha noticia tan positiva como a dotación seis meses antes do previsto da ambulancia medicalizada
Aos nacionalistas atragóaselles que sexa o PPdeG quen poña en marcha as melloras sanitarias que o bipartito estivo negándolle a Foz
* O BNG non está lexitimado para falar de sanidade, porque todo o que prometeron nunca o cumpriron
Foz, 07 de xullo de 2010.- O portavoz dos populares focenses, Pedro Fernández Manín, está convencido de que aos nacionalistas atragoóuselles o feito de que sexa o PP de G quen poña en marcha as melloras sanitarias que o bipartito estivo negándolle a Foz durante a pasada lexislatura. Deste xeito interpretan as críticas da formación nacionalista quen no día de onte, sorprendentemente, acolleu de mal agrado unha noticia tan positiva para o conxunto da veciñanza como é a dotación, seis meses antes do previsto, da ambulancia medicalizada.
Os populares entenden que o investimento de preto dun millón de euros que a Xunta achegou para poñer en marcha este servizo de atención médica urxente, beneficia dun xeito directo aos veciños de Foz. Neste senso lembran que a UVI-móbil “terá a súa base no Centro de Saúde da nosa vila, onde ofrecerá unha atención preferente” e que negar esta realidade é tanto como dicir algo tan ridículo como que “os veciños de Burela non se están a beneficiar de ter ao carón das súas casas o Hospital da Costa, porque o ámbito de influencia deste centro sexa o conxunto da comarca”.
Finalmente os populares subliñan que ante a veciñanza, o BNG perdeu toda credibilidade e lexitimidade para falar de sanidade, porque se algo teñen claro e que neste ámbito, como noutros moitos, “todo o que prometeron e confirmaron por escrito aos veciños/as de Foz, nada cumpriron, e sobre as súas costas pesa o esquecemento de catro anos de Goberno bipartito”. Mentres que agora, unha vez que o PP cando chegou á responsabilidade de goberno na Xunta “prometemos unha ambulancia medicalizada e hoxe é unha realidade e prometemos o reforzo durante o verán dos médicos de familia do Centro de Saúde, para evitar o seu colapso, e hoxe tamén temos cumprido con este compromiso grazas a que o SERGAS dispuxo dun doutor de reforzo”










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



