LUGO .- O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este xoves ós alcaldes de Foz, Viveiro, O Vicedo, Burela e Ribadeo as bandeiras que acreditan que 20 praias destes concellos están certificadas medioambientalmente. Lugo e a terceira provincia de España con máis praias certificadas medioambientalmente, aseguran desde a Deputación
NOTA DE PRENSA
A Deputación consegue que a Costa de Lugo sexa a 3º de España con máis praias certificadas medioambientalmente
– O Presidente entrega as 20 bandeiras os Álcaldes de Foz, Viveiro, O Vicedo, Burela e Ribadeo que se sumaron á iniciativa do organismo provincial para potenciar o ecoturismo
– Gómez Besteiro subliña que “hai catro meses iniciamos o proceso no Vicedo con todos os rexedores de todas as cores políticas e hoxe cumprimos, xa que fixemos os deberes no tempo exacto que marcamos”
– Veleiros lucenses e asturianos participarán o 31 de xullo na 1º Peregrinación Marítima que reinvindica que a provincia ten mar e potencia o Camiño Norte
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este xoves ós Alcaldes de Foz, Viveiro, O Vicedo, Burela e Ribadeo as bandeiras que acreditan que 20 praias destes Concellos están certificadas medioambientalmente. O organismo provincial fíxose cargo de todos os custes do proceso de implantación, que suman 60.000 euros, e supoñen unha nova liña de aforro para os cinco Concellos da Mariña que se sumaron á iniciativa da Deputación para potenciar o ecoturismo.
Neste senso, Gómez Besteiro agredeceu publicamente o traballo realizado polos Alcaldes ó tempo que salientou que “hai catro meses iniciamos o proceso no Vicedo con todos os rexedores de todas as cores políticas e hoxe cumprimos. Fixemos os deberes no tempo exacto que marcamos, logrando que a Costa de Lugo sexa a 3ª de España co maior número de praias coa ISO 14001, converténdoa no referente turístico do noroeste do país”. Pola súa banda, o Alcalde de Foz subliñou que “foi o traballo conxunto e responsable o que fixo que hoxe sexa un gran día para a Costa de Lugo”.
Na actualidade, as zonas que rexistran os índices de turismo máis elevados, as de Valencia e Cataluña, concentran a maioría de praias con este selo mentras, no norte do país, só o teñen algúns areais de Biscaia e da Coruña. A ISO 14001 réxese pola normativa máis estrita da Unión Europea, a EMAS, garantindo praias de auténtica calidade, e vai máis alá da bandeira azul. É dicir, mentras esta última é unha fotografía da praia que se dá nun momento determinado, a ISO 14.001 que implantou a Deputación acredita unha mellora constante.
Asimesmo, a diferenza da Q de calidade, a certificación proposta polo organismo provincial non só atende ás demandas dos turistas que marcan as empresas, senón tamén ás leis medioambientais dos expertos da Unión Europea. Estamos por tanto, ante unha certificación que garante unha correcta xestión ambiental, minimizando o impacto nas praias, e o que é máis importante, nos veciños.
1º bandeira que ondea na Mariña
O titular do organimo provincial, acompañado polos rexedores de Foz, José María García Rivera; Viveiro, Melchor Roel; O Vicedo, Jesús Novo Martínez; Burela, Alfredo Llano; e Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, izou a primeira estas bandeiras na Rapadoira sendo a primeira ademais, que ondea este ano na Mariña debido o último temporal de choiva. O Presidente subliñou que “dito e feito, a 1 de xullo temos 20 praias certificadas. Este é un exemplo máis de que a Deputación está un día si e outro tamén coa Mariña con proxectos que son unha realidade como este ou o Barco Muralla de Lugo”.
Deste xeito, ó igual que foi a primeira administración en poñer en marcha un plan de choque para paliar os danos das choivas, o organismo provincial tamén foi a primeira institución en apoiar e impulsar o comezo do verán na costa luguesa. “Con medidas como esta contribuimos a aumentar a estacionalidade e a etapa da xente que veranea na Mariña, e que vai do 15 de xullo ata o San Bartolo”.
Xunto á da Rapadoira, as praias que acadaron este distintivo son as seguintes: Areoura, As Polas, Os Xuncos, Alemáns, Llas, Rapadoira, Pampillosa, Peizas, Arealonga, Xilloi, Abrela, Areagrande, Playas de Burela, A Marosa, Portelo, Ril, As Catearais, Castros-Illas, Covas, Area, Sacido; todos elas en Foz, Burela, O Vicedo, Viveiro e Ribadeo.
Crítica compartida por todos os Alcaldes
Asimesmo, o Alcalde de Foz criticiou que a Xunta de Galicia decidise excluir do plan de limpeza das praias ós Concellos de Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo, de tal xeito que obriga ás arcas municipais a facer fronte a este servizo. García Rivera recoñeceu que se trata dunha crítica compartida por todos os Alcaldes e indicou que “senón fora polo esforzo do Concello hoxe as praias de Foz estarían sucias. Co anterior goberno autonómico recibíamos entre 10 e 15 efectivos e este ano 0. Pero é que ademais esta supresión non se fai con todos as cores políticas. É dicir, a Xunta obstaculiza a tempada de verán na Mariña”.
1ª Peregrinación Marítima
O máximo mandatario provincial, García Rivera e o Presidente do Clube Náutico de Foz, Francisco Fernández Rego, presentaron a 1ª Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo. Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá o 31 de xullo, e que se enmarca dentro do programa Km0 a Compostela. No evento participarán un total de 20 veleiros das provincias de Lugo –pertencentes ós clubes náuticos de Ribadeo, Burela e Casino de Viveiro- e de Asturias para reinvindicar que Lugo ten mar e poñer en valor o Camiño Norte. Ás 11:00 horas, dez destas embarcacións partirán do porto de Ribadeo e outros tantos do de Viveiro, para atoparse, sobre as 19:00 horas, na praia da Rapadoira, e logo participar nunha regata. Deste xeito, o espectáculo estará asegurado durante todo o día.
A iniciativa, que está patrocinada polo Concello de Foz e pola Deputación, estará apadriñada polo regatista Chunny, que no seu extenso palmarés conta con catro voltas ó mundo, dúas participacións na Copa América e unha nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004.
A demais, o 1 de agosto haberá baustismos de mar, polo que o Presidente do Clube náutico animou a toda a xente “a que redescubra a Costa de Lugo dunha forma diferente. Con esta iniciativa a Mariña convértese nun referente da náutica deportiva ó igual que hoxe en día son as Rías Baixas”. A actividade será gratuíta e os interesados terán que inscribirse chamando ó número de teléfono do Clube Náutico de Foz: 982 133 609.
Gómez Besteiro tamén aproveitou a visita á Mariña para visitar ás instalacións da cooperativa “Os Irmandiños”, e manter unha xuntanza cos membros do Consello Reitor a quenes lles explicou o proxecto do 1º Centro de Recría Público en España da Granxa Gayoso Castro.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



