Nota de Prensa
O BNG PEDIRÁ EXPLICACIÓNS NO VINDEIRO PLENO SOBRE AS ÚLTIMAS NOVIDADES DO CONFLICTO URBANÍSTICO.
Barreiros, 10 de xullo de 2010. O BNG pedirá explicacións no vindeiro pleno da Corporación barreirense a cerca das últimas novidades sobre o conflicto urbanístico. Anuncióuno hoxe o portavoz dos nacionalistas, Antonio Veiga.
Desde o grupo municipal do BNG apuntan que “diante das últimas noticias que volven aparecer na prensa relacionadas co urbanismo de Barreiros cremos que se está creando un clima de confusión que entendemos que en varios casos é intencionado. Por un lado, a Xunta non ten claro aínda si vai avalar xurídicamente a retirada dos contenciosos, por outro hai declaracións contradictorias entre Xunta, Concello e promotores, e por outro entendemos que se está a centrar o debate mediático en asuntos tan pouco relevantes como quen denunciou, quen non denunciou, que declarou fulano ou megano ou incluso a debatir como se instrúe un expedente informativo, que diso saberán obviamente os funcionarios encargados diso”.
Veiga Outeiro sinala que “nós, poñendo xa por diante o respecto ao discorrer normal dos labores que a xustiza está facendo neste caso de Barreiros, o que queremos denunciar é que non se fala do fondo da cuestión. O que agardan escoitar os barreirenses non é esta estéril polémica. Estamos outra vez no punto de partida e non había servizos, iso está claro, non hai servizos, segue sen habelos e a duda é si no futuro os haberá ou non. E si os haberá quen os vai pagar é quen nada tivo que ver, vannos pagar todos os barreirenses e todos os galegos. Iso é o que dixo o Bloque Nacionalista Galego no seu día e o que segue dicindo e nós dicímolo en todas as institucións onde estamos presentes e en todos os órganos de dirección da nosa organización política. É unha mágoa que outras organizacións políticas non faigan o mesmo”.
Os nacionalistas queren que “se fale diso, dos servizos que vai haber, cando os vai haber e quen os vai ter que pagar, porque parece ser que xurídicamente a Xunta de momento non avalou este convenio, pero en Barreiros goberna con maioria absoluta o Partido Popular, entonces o PP é quen lle vai ter que dar explicacións aos veciños. O BNG vai preguntar no próximo pleno, do 26 de xullo, para que nos aclaren toda esta situación, porque non é un capricho do BNG que o alcalde explique no pleno todos os pormenores deste procedemento que se está levando a cabo”. No BNG consideran que “o que ocurre en Barreiros non é habitual, porque non é habitual que fora declarar o alcalde, non é habitual que vaia declarar a xunta de goberno enteira e non é habitual que vaian declarar os responsables dos servicios xurídicos e técnicos do Concello. Polo tanto quen é o máximo responsable de todo isto e quen que ten que dar explicacións é o alcalde, Alfonso Fuente Parga, e iso é o que agardamos que faiga no pleno do 26 de xullo, porque esas serán as preguntas que lle levaremos na iniciativa que vamos rexistrar nos próximos días no Concello para que dunha vez por todas se escape dese confusionismo intencionado e se lles explique realmente aos barreirenses cal é o fondo da cuestión”.




















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



