NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
O PP traslada á Asociación de Veciños as xestións que veñen facendo ante a Xunta.
Barcia considera que Burela leva tres anos perdidos co bipartito.
O PP burelés, preocupado ante a falla de xestións en materia de solo empresarial.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia. xunto con outros membros do partido, reuniuse no día de hoxe con directivos da Asociación de Veciños “O Vencello” para explicarlles as xestións que desde o PP local se veñen facendo coa Xunta, ante a ausencia máis absoluta de xestión por parte do bipartito local, especialmente por parte do alcalde.
Na reunión, un dos temas máis destacados foi a sanidade. Desde O Vencello pedíronlle ó PP burelés que demanden máis e millores servicios. Barcia, pola súa parte, considera que a Xunta está a cumplir coa súa palabra: nin un só servicio se desmantelou, estanse a facer as obras comprometidas, estanse adquirindo os equipos que no seu día se anunciaron, como o ecocardiógrafo, e en breve haberá melloras en certos servicios.
No tocante ás instalacións portuarias, os populares expuxeron as súas xestións, que pasan polos compromisos acadados recentemente polo Presidente de Portos de Galicia: mellora de vial de comunicación interior, desde Eijo Garay hasta ABSA; prolongación do martillo que separa a zona pesqueira da comarcal, e estudio de mellora do aproveitamento da dársena interior. Ademais, vaise potenciar a zona industrial do porto, de corenta mil metros cadrados, aproveitando que se van retomar as obras do acceso ó porto.
Nese senso, no que se refire á zona industrial do porto, Barcia fixo mención a que esa zona é a única área ordenada para acoller empresas, e vén da época do PP no concello e na Xunta. En cambio, lamentou que o bipartito, que tanto falou sobre a creación de áreas industriais, teña paradas tanto a do Perdouro coma a da Puida. Barcia afirmou que nas previsións de SUPLUSA segue habendo seis millóns de euros. “Só foron capaces a gastar quince mil euros en planos, pero nada máis. Por eso mesmo é mui preocupante a falla de xestión do alcalde nesta materia, porque el segue pensando en un grande parque empresarial, pero non di onde, nin a que prezo, nin quen o vai financiar. Mentres tanto, os demais concellos vanse buscando a vida e nós, parados”.
Por eso, desde o PP consideran que se levan tres anos absolutamente perdidos, e así o transmitiron á Asociación veciñal: “cero proxectos, cero en xestión, e cero en traballo. E en tempos de crise, é cando máis se necesitan os proxectos e as ideas, a capacidade de xestión e cando hai que demostrar que se traballa”.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



