SANTIAGO .- Portos de Galicia anuncia a licitación das obras de alargamento do peirao e dragaxe da canle de navegación de acceso ao peirao de Mirasol en Ribadeo. O orzamento base de licitación é de 2.653.110,75 euros, e están cofinancidas nun 65 por cen polo FEDER. O prazo para súa execución é de quince meses.
Nota de Prensa
Este é un dos compromisos anunciados polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, co obxecto de mellorar as infraestruturas portuarias de Ribadeo
PORTOS DE GALICIA ANUNCIA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE ALARGAMENTO DO PEIRAO E DRAGAXE DA CANLE DE NAVEGACIÓN DE ACCESO AO PEIRAO DE MIRASOL EN RIBADEO
* O orzamento base de licitación é de 2.653.110,75 euros, e están cofinancidas nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O prazo para súa execución é de quince meses.
Santiago, 15 de xullo de 2010.- O ente público Portos de Galicia anunciou hoxe do Diario Oficial de Galicia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, das obras de alargamento do peirao e dragaxe da canle de navegación de acceso ao peirao de Mirasol, no porto de Ribadeo. O orzamento base de licitación é de 2.653.110,75 euros, e están cofinanciadas nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O prazo para súa execución é de quince meses.
Este é un dos compromisos anunciados polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, co obxecto de mellorar as infraestruturas portuarias da Mariña lucense e, en particular, no porto de Ribadeo. Un porto como é sabido conta cun importante tráfico de pasta de papel.
As obras que se proxectan consisten basicamente no ensanchamento do peirao do extremo norte de Mirasol e a dragaxe da canle de navegación do acceso ao peirao comercial. Proxectase polo tanto, o ensanchamento do peirao comercial xunto ao peche da dársena pesqueira nunha lonxitude de 48,45 metros polo interior e paralelo a este, ata conseguir unha anchura de uso total de 14,45 metros. Desta forma se habilitan espazos suficientes para poñer en servizo o peirao comercial e que sirva á vez como peirao de carga, e se é o caso como peirao para outros usos. O novo muro do peirao de atraque, ao igual que o existente terá un calado de case tres metros.
El recinto creado será pavimentado adecuadamente para os usos portuarios aos que está destinado. Se instalarán tamén os elementos complementarios necesarios, tales como escaleiras metálicas verticais de gato en aceiro nos peiraos, defensas verticais, tanto para o peirao pesqueiro como para o peirao comercial.
Asimesmo completaranse con elementos de amarre como son boiardos de 50 toneladas, bitas de 65 quilos e argolas. En canto aos servizos levará as correspondentes canalizacións de auga, enerxía e electricidade, con rede de abastecemento e as súas correspondentes tomas. O alumeado contará con puntos de luz cun proxector de 1000 vatios, sobre a torreta existente.
Dragaxe
Se dragará en restitución dos calados de ata cinco metros, a canle de navegación actual de acceso e saída ao peirao de Mirasol ata os cinco metros de calado nunha zona correspondente a un rectángulo comprendido entre a bocana de acceso a Porcillán e a entrada á dársena pesqueira de 525 metros de lonxitude por 100 metros de anchura. Dita dragaxe executarase por medios mecánicos marítimos, utilizándose a succión como método inicialmente máis adecuado
Para evitar a segregación ou invasión dos materiais fora das zonas contempladas de ubicación da dragaxe se instalarán barreiras antiturbidez sobre columnas de contención con os correspondentes equipos de fondeo. Esta protección colocarase para no perxudicar o trasego, navegación e atraque dos barcos e manter en todo momento a actividade.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



