Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA E DEPORTES DA DEPUTACIÓN APOIA CON MAIS DE 30.000 EUROS A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS CULTURAIS EN CERVO
A Xunta de goberno da Deputación aprobou as axudas a entidades e concello que se suman ao apoio a asociacións que solicitaron a presenza de grupos tradicionais de apoio a diferentes festas
Todas as solicitudes foron atendidas coa excepción de unha que presentou a documentación fora de prazo
Cervo, 29 de xullo de 2010. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou as axudas a entidades e concello na anualidade 2010. O importe total das axudas concedidas suma 30.200 euros, 25.000 para asociacións e 5.200 na orde destinada aos concellos da provincia de Lugo. Un ano mais a área de Cultura e Deportes xestionada polo nacionalista, Antonio Veiga, apoia os programas de actividades culturais desenvoltos por asociacións do eido da cultura en Cervo e tamén as solicitudes presentadas polo concello de Cervo. A estas axudas débese sumar o respaldo a outras presentadas no programa de apoio a festas asinado entre a Área de Cultura, Caixa Galicia e agrupacións de música tradicional, música coral e bandas que permiten a ampliación dos programas de actividades en diferentes festas do concello.
As asociacións que desenvolven traballo cultural presentaron once solicitudes, cinco menos que o ano pasado e houbo dúas mais que foron denegadas por presentarse fora de prazo
Todas as entidades que presentaron solicitudes nas modalidades de actividade anual e eventos foron atendidas coa excepción de dúas solicitudes dunha mesma asociación que presentou a documentación fora de prazo. En total houbo 11 solicitudes presentadas en prazo, sete para actividade cultural anual e catro para eventos puntuais que suporán un desembolso por parte da Área de Cultura e Deportes de 25.000 euros, unha vez sexan xustificadas. O BNG de Cervo por mediación do seu Responsábel Local, Ramón Luís Bernardo Insua, sinalou que “aínda habendo menos solicitudes con respecto a 2009, non e menor o investimento e o apoio da Área de Cultura da Deputación ao asociacionismo cultural cervense”.
Ao apoio na orde de axudas para actividade culturais hai que sumar a presenza de grupos de gaitas en diferentes eventos festivos.
O Responsábel Local nacionalista engadiu a presenza de grupos de gaitas e bandas musicais que reforzaron e reforzarán co financiamento da área de Cultura da Deputación eventos festivos como a Festa do Carme e Maruxaina e Festa do Turista en San Cibrao, e as festas do 25 de xullo en Sargadelos, “todas atendidas tal como pediron dende as asociacións organizadoras”
O concello tamén recibe axudas nas modalidades de actividades culturais e investimentos por 5.200 euros.
Bernardo Insua tamén fixo mención ás axudas aprobadas para o concello de Cervo que solicitou na modalidade de Actividades Culturais, recibindo unha axuda de 1.200 euros e para Investimentos na que solicitou unha axuda para “actuacións na Casa da Cultura de San Cibrao”, na que recibiu unha axuda de 4000 euros.


















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



