RIBADEO (FNC) .- Sepes recibiu xa as obras do polígono industrial de Ribadeo, segundo anunciou esta mañá o alcalde. Fernando Suárez amósase moi satisfeito polo seu remate e agarda que nos vindeiros meses sexa moitas as empresas que se instalen neste parque. Ata o momento son 13 as parcelas vendidas.
O rexedor sinalou que “estamos diante outro pequeno gran paso no obxectivo final para ter o polígono industrial en funcionamento. Os responsables de Sepes recibiron as obras por parte da empresa constructora FCC, co que técnicamente están rematadas sen perxuizo dos prazos de garantía e dos períodos de proba que a lei indica”.
Suárez Barcia manifestou que “desde o Concello estamos moi satisfeitos de que estea rematado desde o punto de vista técnico e constructivo e seguimos traballando no plano máis administrativo e máis xurídico, de feito o pleno da Corporación aprobou de maneira inicial os estatutos da entidade de conservación. Son as entidades que formadas polos propios empresarios xunto coa administración encargaránse de velar pola tutela das instalacións, dos servizos, da vixianza, do coidado”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “por parte de Sepes nos indicaron que nos vindeiros días nos remitirán o proxecto de reparcelación para que sexa aprobado polo pleno do Concello e a partires de aí todos os compradores poderán inscribir as súas fincas nos rexistros, poderán acudir ao notario, ao banco a constituir unha hipoteca en caso de que a necesiten, etc, etc. Son pasos necesarios, importantes e desde o ano 2007 ata o de agora vemos o que era un páramo e unha realidade construida. Quizáis ven nun momento extremadamente malo desde o punto de vista global, pero ter 13 parcelas vendidas non é un mal síntoma, esperemos que nos próximos tempos máis empresas se animen a instalarse aquí”. Fernando Suárez suliñou que “temos un dos mellores polígonos en moitos kilómetros á redonda, moi ben comunicado, moi ben situado e cuns prezos que non son demasiado desproporcionados para o lugar no que se encontran”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



