Noutros tempos a existencia na Mariña de grandes extensións de terreo dedicados ó cultivo da vide, é unha realidade histórica verificada por numerosos documentos. Según o historiador e cronista oficial de Mondoñedo, Eduardo Lence Santar e Guitián, a causa da desaparición do viñedo por estes pagos foi sen dúbida a filoxera e outras enfermidades que arrasaron o viñedo dos vales da rexión galega en época recente A principios do século XX Lence escribía: “Hoxe a producción é nula por completo. Sen embargo nos veciños vales de Lourenzá e Valadouro e nalgunha aldea de Foz, vense fermosos parrais que producen, aínda sen coidado algún, uvas de aceptable calidade que se venden en mercados e feiras, empleándose algún en facer mosto de pésimas condicións por coller a uva en mala sazón”. Para refrendar a tese da existencia de viñedos na comarca, Lence Santar recurre a diversas testemuñas: según o Padre Flórez, recoñecido historiador, o Bispo Nuño II, cuio pontificado durou de 1261 a 1286 fundou cinco procesións anuais. Para a súa dotación sinalou a metade da igrexa de Vilaronte, os bens que lle pertencían en Abadín e Reme, atopándose entre éstes fincas de viñedos. O Prelado don Alvaro de Isorna, natural de Foz, que gobernou a diócese de 1400 a 1415 deo orde para que os colleiteiros de viño, inmediatos a Mondoñedo, puidesen vendelo libremente no mesmo. No ano 1417 o Bispo don Gil Soutelo fixo unhas ordenanzas beneficiosas para o pobo. Nelas mandábase que“as persoas beneficiadas da Santa Igrexa e mais veciños do concello poidan traer á cidade todo o viño que labraren das súas viñas”. Existen moitas outras testemuñas de cómo en tempos o cultivo da vide na zona era importante. Nunha acta do 15 de outubro de 1556, do concello de Mondoñedo, o Reximento e a Xustiza acordaron que “dalí en adiante o viño de Nois, Vilarmea e Vilaxoane se venda a catro maravedises o cartal, así como o de San Martiño, Valadouro e Lourenzá” Por aquelas datas, de tan exuberante viñedo¿A Mariña tería o mesmo clima de hoxendía ou será que o “cambio climático” é unha constante ó longo dos séculos?.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



