BURELA .- Cunha peculiar mestura de aires do sur e da meseta, Adri Gaona, ala-peche gaditano procedente do Extremadura Cáceres 2016, vive os seus primeiros días coa elástica laranxa moi motivado. O andaluz mostrouse gratamente sorprendido pola súa adecuación ao estilo de xogo do equipo. “Esta pode ser unha tempada moi bonita para min. Co Burela FS poderei sacar partido ás miñas calidades porque me adapto perfectamente á idea de defensa de Suso Rey; aperto moi forte na liña de balón e son rápido nos contraataques” declarou o xogador xunto ao presidente da entidade, José Ramón González Casas.
“O acoplamento ao bloque está sendo moi doado. O cadro acolleume coma se fósemos vellos coñecidos; estou seguro de que poderei aprender moito tanto do míster coma dos máis veteranos do grupo, dos que recibo os consellos coma se fosen ouro”, dixo Adri Gaona, que tamén fixo referencia á seriedade con que o Burela FS está preparando a que será a súa oitava tempada en Prata, con desexos de recoller os maiores éxitos: “Os adestramentos están sendo moi esixentes e os resultados terán que reflectirse nunha tempada que será a máis bonita de Prata, por calidade e espectáculo. A única desvantaxe da redución a un grupo, a fatiga das viaxes por toda España, podo compensala coa oportunidade de volver xogar na miña terra, Andalucía”.
O gaditano espera poder responder á confianza depositada polo club burelista co mellor de si. “Non son un xogador goleador, pero deixareime o peito por defender e os goles que poida marcar benvidos sexan”, concluíu o ala-peche facendo referencia á súa contribución ao equipo.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
