Nota de Prensa
LLANO AGARDA QUE AS OBRAS QUE SE ACOMETEN NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO REMATEN ENTRE HOXE E MAÑÁ. O REXEDOR PIDE PACIENCIA AOS USUARIOS.
Burela, 19 de agosto de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, agarda que entre hoxe e mañá rematen as obras que se están a acometer no parque Rosalía de Castro. Enmárcanse dentro do plan E e supoñen un investimento de 45.000 euros.
O rexedor sinalou que “no parque Rosalía de Castro estamos a acometer unhas obras do plan E, para cambiar as farolas. Imos colocar unhas luces de grande rendimento lumínico con tecnoloxía LED. Agora ese lugar pode ter un aspecto de certa suciedade, pero é debido ás obras que alí se están a realizar. Entre hoxe e mañá agardamos que rematen eses traballos e solicito un pouquiño de paciencia aos usuarios do parque”.
Llano indicou que “estas obras son necesarias e como hai que realizalas nun prazo moi concreto estamos a aproveitar o verán para levalas adiante. O aspecto que pode dar o parque non é o dun lugar abandoado nin mal coidado, sencillamente é consecuencia das obras que se están a executar. Seguro que ao final os usuarios acabarán agradecendo esas melloras que supoñen un investimento de 45.000 euros”.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



