Como outras veces, comezo polo final dun pleno no que non houbo moito que resaltar, pero si algunha cousa curiosa.
A contestación ás preguntas realizadas po1a AVV O Tesón foi realizada polo alcalde (BNG) fóra xa do pleno propiamente dito, como está establecido, e foi a seguinte:
1.Tendo preguntado xa anteriormente polos cadros posesión do concello en función dos depósitos a realizar polos expositores, e téndosenos dito xa hai tempo que se estaba a realizar un listado que sería difundido, pero non dispoñendo aínda do mesmo, lembramos de novo dita solicitude.
R:O listado de obras pódese consultar xa no despacho de Cultura.
2.Tendo observado que hai tempo que non se fala oficialmente da liña de subministro electrico a Ribadeo nin da subestación segundo parece necesarias ambas para o comezo de funcionamento do polígono industrial, solicitamos coñecer a actualidade de ambos temas.
R: Posiblemente haberá que facer outro protocolo por incumprimento de prazos. A cousa está en que previo á declaración de utilidade pública é a exposición pública, que aínda non se fixo. Hai unha modificación pedida pola Comisión dos Camiños de Santiago, o sotorreamento á beira do Camiño. É previsible ademáis que a execución das 13 reservas do polígono se poda facer sen a realización da subestación, pero non se pode manter a situación así indefinidamente.
3.Tendo pendente de consecución a realización unha saída cara a Ribadeo dende a Autovía vindo de Galicia e un entronque coa circunvalación para conectar coa chamada estrada do monte, solicitamos coñecer o estado da cuestión.
R: En realidade son dúas preguntas, con respostas semellantes. En concreto, en relación á A8, está aprobado, pero non hai nin idea de cando se vai facer.
4.Tendo noticia da existencia dun canón lanzacabos doado pola Armada norteamericana para o salvamento de náufragos ribadense, que foi visto ultimamente na Cruz Vermella de Lugo, solicitamos coñecer se se está a facer algún tipo de xestión para o seu retorno a Ribadeo, xunto coa lancha de salvamento marítimo no Forte de San Damián.
R: O alcalde respostou que descoñecía o tema, pero que fará xestións para ver que se pode facer (en relación a isto, un asistente comentoume posteriormente que en época de Eduardo Gutiérrez como alcalde estaba no seu despacho sobre catro pilares). O alcalde aproveitou para comentar que a lancha de salvamento foi recentemente pintada e encargouse unha placa de metacrilato para ilustrar a súa historia.
No apartado de rogos e preguntas, entre outras moitas, apareceu unha resposta que está relacionada cunha pregunta do Tesón de hai algún tempo: a posibilidade de sacar o cadro do Viejo Pancho que está na antiga biblioteca para ter un mellor mantemento e poñelo en valor. Parece que vai destinarse á actual oficina de turismo, cunha parede que é do tamaño requerido, e de onde se sacarán os cocos para outro lugar, non estando claro (polo menos eu non o entendín) o destino do barco a escala alí tamén aloxado.
Tamén, por parte do PSOE, foron varias as preguntas sobre as condicións de contratación e subcontratación das obras do tramo de estrada cedido por Fomento, que deu lugar a momentos de desaire e que en xeral foron contestadas polo alcalde remitindo a súa contestación ó próximo pleno por non estar ó día do preguntado.
Seguindo cara atrás no pleno, o punto anterior foi unha moción do BNG en contra dos recortes sociais do goberno do estado e do autónomo, resumible como unha proposta de múltiples accións a favor do común a costa dos fondos do capital. En resposta, a UPRi anunciou o seu voto negativo e pideu dar exemplo, e deixar a supresión das deputacións (pedida dentro das medidas) ‘para despois de que pague o pavillón’, así como diminuír impostos, non aumentalos (non dixo ‘ós ricos’, pero ese era o sentido da proposta). O PSOE descolgouse co anuncio do seu voto en cotra e unha loa das virtudes do partido no goberno do estado. O PP argumentou a súa abstención. Nese momento, o BNG propuxo separar en dúas a votación referíndose á parte da moción en relación ó estado e en relación á Xunta. Despois unha pequena segunda rolda, a votación, na que se aprobou a moción contra o estado (6 de BNG e PP, nos que faltaban Horacio Cupeiro e JC Andina respectivamente, contra 5) e denegou contra a Xunta (3 do BNG contra 8 do resto). A discusión deu lugar a unha increpación de F. Rivas ó alcalde: ‘vostede é unha ruína para este concello’. A cousa viu a raíz de mencionar unha vez máis o soldo do alcalde, a resposta deste e o argumento de Rivas de que o caso non é o que se cobra, senón o que se trae para Ribadeo por cada euro invertido no cargo.
A moción anterior a ista foi do PP, pedindo un aprazamento da devolución de orzamento de Galicia ó estado, ata que a economía medre ó 2%. UPRi anunciou a súa abstención e argumentou que se se pagara todo dunha soa vez (o prantexamento actual é pagalo en dúas anualidades) non chegaría para os gastos de funcionamento. O PSOE anunciou a súa abstención. O BNG reclamou outro modelo de finaciamento e lembrou que os concellos están nunha situación semellante (ribadeo ten unha liquidación negativa de perto de 200 000€, a devolver nun ano). O PP non aceptou a enmenda, e o BNG anunciou a súa abstención. Na votación, a moción aprobouse con só os 3 votos do PP. Neste punto, entre outras cousas propostas, collín ó vóo o prantexamento da reducción do noitebús (a lembrar que Ribadeo ten varias liñas de noitebús subvencionadas, favorecendo o auxe do ocio nouturno), coido que polo PP, pero nestes momentos non podo aseguralo.
O punto anterior foron as licenzas de nova ocupación, nas que houbo unanimidade.
O punto 4º foi en relación ó ‘POLGA’, o antigo ‘POL’ ou plan de ordenamento litoral. Razoouse que en Santiago houbera bóas palabras ás suxerencias enviadas dende aquí, pero non aceptación das propostas enviadas, agás en relación ós ríos e corredores. E falouse da sombra que ese plan proxecta sobre o xa dado por morto PXOM, o plan xeral de ordenamento municipal que non se espera aprobar neste mandato, que se debe adaptar ó POLGA e en relación ó que se tramitaron diversas documentacións para ter un ditame claro (o que deu orixe a discusións sobre se se trataba de unha sinxela dilación para ganar tempo ou dunha necesidade de seguridade no veredicto). A cousa plantexouse no envío como alegacións das antigas suxerencias, en base ós informes dos técnicos municipais. O resultado, 8 votos a favor e tres abstencións do PP.
O punto 3, os festivos locais, que quedaron o 16 de agosto, San Roque, e o día da patroa, 8 de setembro.
O punto segundo foi a discusión sobre diversos decretos da alcaldía, entendo que en xeral sen relevancia, e dos que me quedei cun só detalle, a primeira vez que lembro que sae nun pleno algo polo estilo: a pregunta de UPRi sobre unha sanción ó Pub Pasillo e dúas ó Buga (se non entendín mal, respectivamente 200, 200 e 300€). Pregunta que non entendín moi ben a conto de que se facía, entendo que en defensa dos locais argumentando que istos podían levar o asunto por vía xudicial, ó non saber de ónde ven o son. O alcalde contestou no sentido de que el non era quen instruía os expedientes, e que en todo caso, si se identificou son dos locais, aínda que non esteña totalmente cuantificado -Eu engadiría que segundo a normativa actual do concello, que os partidos en xaneiro non quixeron anovar, son os locais os que teñen que coidar do ruído que producen os clientes ó entrar e saír- . Os outros grupos, quizáis dadas as novas de prensa recentes e a percepción de que a cidadanía non está pola labor de permitir o ruído, non moveron un dedo, en contra do que pasou en marzo, cando botaron abaixo unha nova normativa contra o ruído proposta polo goberno municipal.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



