Nota de prensa:
O BNG DE FOZ RESPONSABILIZA AO ALCALDE NO CASO DAS FACTURAS
“ Existen facturas que se poderían pagar sen problema pero o alcalde non quere”
“O alcalde é quen debería pagar algunhas facturas do seu peto, por irresponsable” afirma Basanta
Foz,a 12 de outubro de 2010.- Diante da polémica suscitada, o BNG de Foz quere deixar claro que o feito de que existan facturas sen pagar no Concello é responsabilidade exclusiva do Alcalde e do Grupo de Goberno pola mala xestión e o pouco control que están a facer nos gastos e por saltar continuamente os procedementos legais para facelo.
O pasado mes de xullo o alcalde levou a pleno un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar unhas facturas procedentes de anos anteriores por un montante de 104.724,45 € e que saíu rexeitada pola maioría do pleno. Despois, e saltando o procedemento legalmente establecido sobre a revisión de acordos plenarios que ten que ser a través dun recurso, volveu a levar a mesma proposta en dous plenos máis. Varias son as razón polas que o BNG votou en contra deste recoñecemento extraxudicial, a maioría delas recollidas no informe de Intervención sobre o asunto.
En primeiro lugar, porque o Grupo de Goberno municipal está gastando por riba das posibilidades que tén o Concello de Foz, sen ningún tipo de control e sobrepasando continuamente con creces as partidas asignadas nos orzamentos. Neste sentido, dicir que o alcalde está a incumprir o Plan de Saneamento aprobado en pleno e que o obrigaba a facer un maior control sobre o gasto mediante medidas como unha vinculación dos créditos máis restrictiva ou a realización de propostas de gasto con carácter previo á súa realización.
Así pois, e como ben di o informe de intervención, a maioría destes gastos fixéronse sen a debida consignación orzamentaria, o que vulnera o artigo 173.5 da Lei de Facendas Locais que é clara na súa letra: “Non poderán adquirise compromisos de gastos por contía superior aos créditos autorizados nos estados de gastos, sendo nulos de pleno dereito os acordos, resolucións e actos administrativos que infrinxan a expresada norma, sen prexuízo das responsabilidades a que haxa lugar”. Desta maneira, hai facturas que non poderían imputarse ao exercicio do 2009 por ter sobrepasado en moito o asignado, como son as referidas as partidas 4.2, 5.2 e 5.6. Estas tres partidas teñen sobrepasado o gasto en nada menos que 193.808 €, 52.291 € e 27.552 € respectivamente, que fan un total de 273.651 euros en total. Sen embargo algunhas das facturas incluídas na modificación de crédito si poderían pagarse ao ter suficiente consignación orzamentaria. En concreto as referidas as bolsas de vinculación 1.2, 3.2 e 4.6 que fan un total de 17.247,58 euros.
En segundo lugar, porque a tardanza nos pagos son en moitas ocasións culpables os propios responsables de goberno e o propio alcalde que sen xustificación manteñen paralizados “dentro dos seus caixóns” os expedientes de pago. Neste sentido, hai que recordar que o alcalde e o seu grupo de goberno non están a gardar a orde rigorosa que a Lei Reguladora de Facendas Locais establece no pago de facturas incumprindo conscientemente os preceptos legais. Polo que se evidencia que o pago das facturas no Concello de Foz faise sen seguir a normal e legal orde de entrada no Concello e de aprobación das mesmas, dándose o caso que existindo facturas conformadas de anos anteriores que aínda están sen pagar se pagan outras posteriores sen xustificación ningunha. É dicir, que o alcalde paga as facturas de quen lle da a gaña e cando lle da a gaña o que evidencia un descontrol non só dos gastos, como xa temos denunciado, senón tamén nos pagos, como agora se advirte.
En último lugar, algunhas das facturas están reparadas polos servizos de Intervención por non cumprir os requisitos mínimos que esixe a lei. En concreto, danse varias situacións irregulares:
* aquelas facturas que, en distintas circunstancias, non levan a conformidade debida por parte do técnico municipal correspondente e na que debería aparecer a aprobación do gasto e polo tanto, a existencia de crédito orzamentario para realizalo. Neste caso están as facturas das obras da Rúa Paco Maañón (figura a sinatura do capataz municipal), da Reelectrificación do Punto Limpo (figura só a sinatura do alcalde) ou da Capela de Cangas (sinatura do capataz).
* Aquelas facturas que poden están a incorrer nun fraccionamento ilegal do proxecto de referencia incumprindo a Lei de Contratos e vulnerando os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade ao eludirse o procedemento aberto mediante concurso público que sería o axeitado. Neste caso están as facturas referentes ás obras realizadas na Nave Municipal de Fazouro.
* Aquelas facturas nas que existe unha modificación do proxecto inicial sen facer a preceptiva modificación de contrato ou en caso de estar xustificada a súa urxencia e necesidade, a acta de comprobación de replanteo. Nesta situación están as facturas das obras das Redes pluviais na Rúa Valle Inclán.
Todo o anteriormente descrito, ven clarificar diante da opinión pública porque non aprobamos o pago destas facturas e ratifica o que o BNG ten denunciado sobre o descontrol de gasto do grupo socialista e do alcalde, moi por riba do que eles mesmos teñen orzamentado. Así mesmo, instamos ao goberno municipal a que segreguen as facturas que cumpren cos requisitos legais e que teñen suficiente consignación para efectuar o seu pago porque para o BNG “non poden pagar xustos por pecadores”. Se non o fai, está claro que só é por interese propio e non por interese dos veciños e das empresas do Concello que cumpren e que son víctimas da irresponsabilidade manifesta do alcalde e de todo o seu grupo de goberno.
En canto á intención feita pública do alcalde en personarse o Concello nos xulgados por este caso dicirlle que esta actitude só é un lavado de cara da súa nefasta xestión e un intento de amedentrar á oposición pero non somos nós quen determina a legalidade ou ilegalidade das súas accións políticas senón os servizos xurídicos do Concello que como se ve dictaminan na súa contra.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



