Nota de Prensa
Veiga afirma que o que nos queda aos veciños da Mariña de Lugo é rezar, para non quedar enfermos.
O Hospital da Costa á cabeza de Galiza nas listas de espera de consulta e segundo en cirurxía.
O Bloque Nacionalista Galego considerou autenticamente escandalosas as cifras referidas das listas de espera tanto en cirurxía como en consultas que fixo públicas a Consellaría de Sanidade e da que se fan eco diferentes medios de comunicación na medida que sitúan ao Hospital da Costa á cabeza das listas de espera en consultas e en segundo lugar en cirurxía, só por detrás de POVISA, se ben este centro non forma parte do sistema público. “O que nos queda aos veciños da Mariña de Lugo é rezar, para non quedar enfermos” afirmou Veiga que denunciou “que non é de recibo que os veciños da Mariña teñan que agardar segundo afirma Sanidade 106 días de media para facer unha consulta e 122 días para someterse a unha operación”.
O Responsábel Comarcal do BNG afirmou que “nin a maquillaxe á que a Xunta de Galiza somete estas cifras, o que nos fai pensar que os datos da espera prolongase máis días, son capaces de agochar a evidencia do deterioro da sanidade no Hospital da Costa, posto que en Burela para unha consulta hai que agardar 20 días máis que o segundo que o segue e para someterse a unha operación 13 días máis do seguinte na lista que é o de Coruña”. Segundo o Portavoz Nacionalista “estas cifras, que na nosa opinión están sometidas a rebaixa, poñen enriba da mesa que a intención da Xunta de Galiza é deteriorar a calidade asistencial do centro da Mariña, na perspectiva de desmantelalo a fin de que o novo Hospital de Lugo asuma de xeito progresivo as competencias do Hospital da Costa”·
Veiga que convidou a todos os veciños da Mariña a que entren na páxina web da Consellaría de Sanidade para que comproben a situación de marxinación que se crea na Mariña en relación con outros centros galegos, considerou que as explicación que ven de dar sobre esta situación o Xerente do Hospital “son escusas de mal pagador”. “Non é de recibo que o Sr Insúa vincule estes números ao período estival, cando outros centros de zonas, que soportan unha presión turística máis forte que o da nosa zona non se atopan nesta situación. Pensemos no Hospital do Salnés, na área das Rías Baixas, que só soporta listas de espera en consultas de 72 días e 74 en cirurxía, isto é que o superamos en 34 e 48 días respectivamente”. “Non so hai verao na Mariña” ironizou Veiga quen lamentou que Insua actúe como un cancerbeiro do goberno galego e non como alguén preocupado por mellorar a sanidade dos mariñaos.
Os nacionalistas esixiron que a Xunta de Galiza ten que poñer solucións riba da mesa para esta situación. “Non será agora a escusa que o problema estaba nunha equipa directiva que foi cesada e que temos outra nova que lle vai dar un impulso ao Centro como afirmou Farjas no momento do nomeamento de Insua” preguntouse Veiga quen demandou compromisos reais pos parte do Goberno Galego con este centro. “É máis as contas públicas da Xunta de Galiza para este ano indican que a situación lonxe de mudar vai aínda empeorar, pola reducción das partidas orzamentarias, e pola posta en marcha do novo Hospital de Lugo” afirmou Veiga.
Xa por último o Portavoz Comarcal do BNG definiu como “de pena” a posición dos populares da Mariña “que volven evidenciar co seu silencio que pouco máis son que uns criados mal mandados ás ordes do que se decide en Compostela e que tamén carecen de calquera tipo de poder dentro da Xunta posto que noutras áreas de Galiza estamos convencidos que os responsábeis populares non permitirían isto. Se Balseiro estivera a algo máis que cobrar do erario público, poñeríase ao lado dos seus veciños. Nos últimos tempos volveu a demostrarnos que non, fai unhas semanas en Sargadelos agora co Hospital”.



















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



