Nota de Prensa
Os socialistas mariñaos analizan os orzamentos da Xunta
REGO CUALIFICA OS ORZAMENTOS DA XUNTA COMO OS DA RESIGNACIÓN PARA GALICIA, E OS DO MALTRATO PARA A MARIÑA DE LUGO
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego explica que as actuacións mais relevantes da Xunta son a demolición do colexio Rivera Casas e a construcción dunha Goleta , na que se prevé investir mais de 3 millóns de euros
– Asegurou que non existe ningún proxecto novo e so se limitan a continuar a baixa con algunhas obras que deixou programadas o anterior goberno autonómico.
– Dixo que supoñen un duro golpe para capacidade emprendedora dunhas comarcas mais activas e dinámicas de Galicia
– Advertiu que supoñen 1,665.000 euros menos que o ano pasado.
– Asevera que o mais escandaloso é a reducción de orzamento para o funcionamento do Hospital Comarcal da Costa, de perto de 1 millón de euros
– Sobre os saneamentos e abastecementos tampouco hai nada de novo que non sexa a propaganda que fan os responsables do PP na zona, anunciando distintas obras que despois nunca aparecen nos orzamentos.
Burela , 23 de outubro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego acompañado de alcaldes e portavoces municipais socialistas da Mariña de Lugo, analizaron hoxe en Burela os orzamentos da Xunta para Comarca da Mariña lucense. O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego cualificou as contas de Feijoo como as da resignación para Galicia, e do maltrato para a Mariña de Lugo.
Dixo que supoñen un duro golpe para capacidade emprendedora dunhas comarcas mais activas e dinámicas de Galicia. E denunciou que adican mais a derribar que a construír. Asegurou que ainda dando por vos os artificios contables que contempla o orzamento da Xunta suporía un 8% menos que o ano do 2010, o peor ano da crise económica.
Rego explicou que supoñen 1,665.000 euros menos que o ano pasado. As cifras so contemplan 18.174.173. do 2011, fronte aos 19. 839.037 euros do ano 2010. Ademais hai que engadir as trampas que contemplan cun clara vocación de enganos aos cidadáns, como consta que nalgunhas partidas que aparecían reflexadas no ano 2010 e que non foron executadas, agora volven a aparecer nos orzamentos do 2011. Como por exemplo as de aceso ao porto de Burela, distintos polígonos industriais da Comarca, ou os proxectos de mellora de firme da estrada LU-862 Viveiro- Limite da provincia.
Asegurou que non existe ningún proxecto novo e so se limitan a continuar a abaixa con algunhas obras que deixou programadas o anterior goberno autonómico.
O deputado considera como mais escandaloso a reducción de orzamento para o funcionamento de perto de 1 millón de euros do Hospital Comarcal da Costa, que conta coas listas de espera mais longas do sistema sanitario galego. Di que o Goberno de Feijoo en vez de dotalo de mais medios para potenciar os seu funcionamento reduce os orzamentos e polo tanto limita aínda mais a súa capacidade operativa. Asevera que non se contempla nin un so euros adicado a ampliación deste centro hospitalario xa que os 526.000 euros que aparecen reflexados no orzamento son para pequenas reformas que xa están en marcha. Denuncia que o Plan Director realizado para a súa ampliación polo anterior Goberno vai seguir durmindo o soño dos xustos nun caixón un ano mais.
Afirma que non existe actuación algunha en materia de dotación e equipamentos para a atención aos maiores, nin para fortalecer o sistema educativo. Neste punto lembra que tampouco aparece orzamentada como xa denunciou publicamente a ambulancia medicalizada de Foz. A maiores advirten que deixan aparcado o corredor, San Cibrao- Ferrol xa que non prevé recursos para ningún proxecto nin tramo novo limitándose a habilitar partidas para facer fronte ás certificacións de obras que deixou en obras ou licitado o anterior Goberno, como por exemplo a variante de Ortigueira e Celeiro San Cibrao.
Di que as actuacións mais relevantes da Xunta son a demolición do colexio Rivera Casas e a construcción dunha Goleta , na que se prevé investir mais de 3 millóns de euros.
No que se refire a saneamentos e abastecementos tampouco hai nada de novo, que non sexa a propaganda que fan os responsables do PP na zona, anunciando distintas obras que despois nunca aparecen nos orzamentos.
A tomadura de pelo
Rego di que o aceso ao Porto de Burela para o que se contemplaban no orzamento do 2010 de 1.395.976 euros non se executou nin un so metro, nin se gastou un só euro, e agora para o 2011 reducen a partida a 200.000 euros. Sinala que programan a execución da obra no ano 2013.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



