A Asociación Arrincadeira, en colaboración co CEIP de Riotorto e a tenda de comercio xusto A Cova da Terra, organizou diversas actividades sobre reciclaxe, consumo responsable e comercio xusto, que tiveron lugar o mércores, 17 de novembro, pola mañá, nas instalacións do colexio. As actividades incluíron charlas sobre comercio xusto e consumo responsable, así como obradoiros sobre eses mesmos temas.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



