Nota de prensa
O BNG insta ao Goberno a que abra unha liña de axudas fronte ao temporal
O Alcalde Mondoñedo anuncia un investimento de 400.000 Euros para a cidade.
Jorquera critica que os Orzamentos promovan o desemprego.
O BNG denuncia que en 2011 non se abrira ningún tramo da A-8 na Mariña.
O Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, compareceu hoxe en Mondoñedo, acompañado do Alcalde da cidade, Orlando González, e do Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga, a fin de dar a coñecer as propostas dos nacionalistas de cara o debate dos Orzamentos Xerais do Estado. Jorquera comezou denunciando que a previsión de execución da Autovía do Cantábrico e o diñeiro destinado a execución dos tramos da mesma nas contas públicas de 2011 deixan claro que os temores que expresou o BNG no mes de Agosto sobre a paralización da mesma e advertiu “das graves consecuencias que en materia de emprego vai ter a paralización práctica da A-8, tanto nos traballadores da obra, como nos autónomos que facían traballos para as contratas, como para economía das localidades onde se concentraban os traballos. Non temos ningunha dúbida que as repercusións no emprego vai ser terrorífica, pero tamén no sector servizos, nomeadamente na hostalería, e entre os autónomos moitos dos cales van ficar sen traballo e con investimentos vinculados directamente a esta obra. Os orzamentos de 2011 son todo o contrario do que deben ser uns orzamentos en épocas de crise, isto é en períodos coma este o que debe facer o sector público e tirar da economía para xerar emprego”.
Jorquera lembrou que mentres que nos Orzamentos de 2010 se fixaba o 2011 para o remate de todos os tramos galegos da A-8, na proposta que se recolle nas contas de 2011 só se fixa para esta data o Castromaior-Touzas e o Abadín-Touzas deixando para 2012 os restantes coa excepción do Mondoñedo-Lindín e o Lindín-Carreira. Agora ben se atentedemos a programación definida está claro que isto non vai ser posíbel porque o groso do investimento para estes dous últimos tramos se fixa para 2012, máis de 100 millóns de euros, o que fai imposíbel mesmamente a execución técnica por razóns de prazo e que implicaría nestes dous tramos só nesa anualidade máis investimento que no conxunto da obra para 2011 e 2013. O Portavoz do BNG no Congreso denunciou que “nesta anualidade non se vai abrir nin un só tramo da A-8 na Mariña, e non nos vale como coartada o axuste orzamentario pois esta era unha obra que xa acumulaba atrasos, xa que tiña que estar rematada en 2007.É máis dá para pensar que dos tramos que se abren son os de menos dificultades técnicas, na Terra Chá, un dos cais iniciouse no 2003 e só ten 3Km, o que significa en que en zona de chaira na Galiza só se constrúen medio kilometro por ano”.
Os nacionalistas conseguen 400.000 Euros para Mondoñedo nos orzamentos de 2011
O Alcalde de Mondoñedo, Orlando González, anunciou que a raíz dunha emenda do BNG aos orzamentos de 2011 conseguiuse un investimento para Mondoñedo de 400.000 Euros que se suman ao 1,1millón de Euros dos orzamentos de 2010 e que vai permitir continuar coas obras de de mellora e urbanización do casco histórico de Mondoñedo, concretamente da área da Fonte Vella e das rúas contiguas.”É precisamente aquí onde se observa a utilidade da alternativa nacionalista posto que se Mondoñedo existe nos Orzamentos do Estado e pola presenza do BNG no Congreso dos Deputados até o punto de que as grandes obras que se executaron en Mondoñedo como a mellora do conxunto de Alcantara ou agora esta reforma da área da Fonte Vella que xa está en tramite de licitación foi polas propostas do BNG en Madrid”afirmou o Alcalde mindoniense quen destacou o importante esforzo inversor que se está facer na cidade e particularmente na recuperación do conxunto histórico a pesar das dificultades económicas do Concello.
Jorquera demándalle ao Goberno unha liña de axudas para facer fronte aos temporais
Jorquera posteriormente se desprazou aos Concellos de Barreiros e Foz onde visitou en situ os danos que o temporal provocou no mobiliario urbano situado na área do dominio público marítimo terrestre, nos paseos marítimos con preto de 20 Km afectados na Costa de Lugo así como nos propios areais algúns deles absolutamente impracticables pola desaparición das vías de acceso o que impide o seu uso e disfrute. Na costa de Lugo o nacionalista anunciou que na xornada de onte presentara unha proposición non de lei no Congreso” a fin de que o Ministerio de Medio Ambiente habilite unha liña de axudas para os Concellos afectados a fin de que os mesmos dispoñan de fondos para reparar infraestructuras situadas no ámbito do dominio público marítimo terrestre e tamén executar as obras que son precisas nas praias afectadas”
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



